Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Mirada+Emoción+Xogo. Obradoiro xuvenil de fotografía

O Club de lectura xuvenil O Ensanche, da Biblioteca Municipal Durán Loriga, organiza este obradoiro como despedida do curso.

A quen vai dirixido?:

para mozas e mozos de 12 a 16 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

19/05/2026

Inscricións:

Dende o 12/05/2026 ata o 19/05/2026

Horario:

dende as 18:30h.

Prezo:

de balde.

Requisitos:

Necesaria inscrición previa en www.coruna.gal/bibliotecas

Páxina web:

www.coruna.gal/bibliotecas

Contacto:

Club de lectura xuvenil O Ensache.  Biblioteca Municipal Durán Loriga

R/ Durán Loriga, 10. 15003- A Coruña

tel: 981 184 388

e-correo: bduranloriga@coruna.gal

Para despedir o curso, dende o Club de lectura xuvenil O Ensanche, da Biblioteca Municipal Durán Loriga, queren celebrar o seu último encontro cunha actividade moi especial á que convidan a mozas e mozos de 12 a 16 anos.

Trátase dun obradoiro de iniciación á fotografía da man da fotógrafa Carmen Martínez, que propón un achegamento creativo e persoal á linguaxe fotográfica. A través de exercicios prácticos, exploraredes a fotografía non só como técnica, senón como ferramenta de observación, expresión e autocoñecemento.

Inspirado na novela gráfica A guerra de Catherine, de Julia Billet e Claire Fauvel, o taller conecta a imaxe coa memoria, a identidade e a forma en que cada persoa mira o mundo, poñendo o foco no desenvolvemento da sensibilidade, a creatividade e a identidade na adolescencia, utilizando a fotografía como ferramenta accesible e significativa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión