O Club de lectura xuvenil O Ensanche, da Biblioteca Municipal Durán Loriga, organiza este obradoiro como despedida do curso.
para mozas e mozos de 12 a 16 anos.
Para público en general
19/05/2026
Desde el 12/05/2026 hasta el 19/05/2026
dende as 18:30h.
de balde.
Necesaria inscrición previa en www.coruna.gal/bibliotecas
Club de lectura xuvenil O Ensache. Biblioteca Municipal Durán Loriga
R/ Durán Loriga, 10. 15003- A Coruña
tel: 981 184 388
e-correo: bduranloriga@coruna.gal
Para despedir o curso, dende o Club de lectura xuvenil O Ensanche, da Biblioteca Municipal Durán Loriga, queren celebrar o seu último encontro cunha actividade moi especial á que convidan a mozas e mozos de 12 a 16 anos.
Trátase dun obradoiro de iniciación á fotografía da man da fotógrafa Carmen Martínez, que propón un achegamento creativo e persoal á linguaxe fotográfica. A través de exercicios prácticos, exploraredes a fotografía non só como técnica, senón como ferramenta de observación, expresión e autocoñecemento.
Inspirado na novela gráfica A guerra de Catherine, de Julia Billet e Claire Fauvel, o taller conecta a imaxe coa memoria, a identidade e a forma en que cada persoa mira o mundo, poñendo o foco no desenvolvemento da sensibilidade, a creatividade e a identidade na adolescencia, utilizando a fotografía como ferramenta accesible e significativa.
Desde el 06/07/2026 hasta el 08/07/2026
Hasta el 16/06/2026
17/06/2026
Hasta el 05/06/2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible