Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Obradoiro xuvenil de fotografía

Por tipo de actividade:

Clubs, Talleres

Por tipo de público:

Xuvenil

A quen vai dirixido?:

De 12 a 16 anos

Cando:

19/05/2026

Inscricións:

Dende o 12/05/2026 ata o 19/05/2026

Require inscrición

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Baixo. 15003 A Coruña

Contacto:

Fin de curso do Club de lectura xuvenil O Ensache

Para despedir o curso, dende o Club de lectura xuvenil O Ensanche, da Biblioteca Municipal Durán Loriga , queremos celebrar o noso último encontro cunha actividade moi especial á que os mozos e mozas de 12 a 16 anos estades convidados.

Trátase dun taller de iniciación á fotografía da man da fotógrafa Carmen Martínez, que propón un achegamento creativo e persoal á linguaxe fotográfica. A través de exercicios prácticos, exploraremos a fotografía non só como técnica, senón como ferramenta de observación, expresión e autocoñecemento.

Inspirado na novela gráfica A guerra de Catherine, de Julia BilletClaire Fauvel, o taller conecta a imaxe coa memoria, a identidade e a forma en que cada persoa mira o mundo, poñendo o foco no desenvolvemento da sensibilidade, a creatividade e a identidade na adolescencia, utilizando a fotografía como ferramenta accesible e significativa.

Queremos abrir esta experiencia a toda a rapazada que estea interesada nesta aventura visual.

Apúntaste a mirar o mundo connosco?

Queres saber ...

  • Clubs de lectura para a xuventude

    En que consisten os clubs de lectura para a mocidade?

    Os clubs de lectura presenciais son grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora.

    Non tes que ser unha persoa experta lectora: os clubs están pensados para persoas con inquedanzas culturais, gana de ler, facer amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión