Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Matrícula libre para as probas de certificación da Escola Oficial de Idiomas - 2025/26

A Consellería de Educación convoca as probas de certificación 2025/26 para a obtención dos certificados dos niveis básico A2, intermedio B1 e B2 e avanzado C1 e C2.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Desde el 23/02/2026 hasta el 06/03/2026

Requisitos:

  • Alumnado libre:
    • Poderanse matricular nas probas de certificación as persoas que teñan dezaseis anos cumpridos, ou que os cumpran no ano 2026. 
    • As persoas menores de dezaseis anos, que teñan catorce anos cumpridos, ou que os cumpran no ano 2026, poderanse matricular nas probas de certificación de idiomas distintos da súa primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria. 
    • O alumnado do réxime libre poderá matricularse nos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1 das probas de certificación, sen que sexa requisito posuír o certificado do nivel ou niveis anterior(es) e seguindo o procedemento descrito na instrución.
  • Prezo público (de ser o caso): Decreto 89/2013, de 13 de xuño (DOG do 17 de xuño de 2013) 

Página web:

Probas de certificación

Contacto:

Idiomas e niveis

  • Nivel básico A2: alemán, árabe, chinés, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés.
  • Nivel intermedio B1: alemán, árabe, chinés, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés
  • Nivel intermedio B2: alemán, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, portugués e xaponés.
  • Nivel avanzado C1: alemán, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano e portugués.
  • Nivel avanzado C2: alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués.

Procedemento

ALUMNADO DO RÉXIME LIBRE (EXCEPTO B2 E C1 DE GALEGO E INGLÉS)

  • A matrícula realizarase en liña, dende o enderezo seguinte: https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre
  • Realizarase unha solicitude distinta para cada idioma e nivel no que se desexe matricularse.
  • A matrícula feita en liña non terá validez ata que se formalice, a través da mesma aplicación web. Para formalizar a matrícula, o alumnado deberá presentar, ata o 6 de marzo, a documentación requerida

 ALUMNADO DO RÉXIME LIBRE PARA OB2 E C1 DE INGLÉS E GALEGO 

  • As persoas que desexen matricularse polo réxime libre nas probas de nivel B2 e/ou C1 de inglés e/ou galego deberán realizar a inscrición na seguinte ligazón: https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre e indicar polo menos tres centros
  • Realizarase un sorteo o día 11 de marzo. O resultado poderá consultarse o día 12.
  • Para formalizar a matrícula, este alumnado deberá presentar, a partires do 12 de marzo, ata as 23:59 do 20 de marzo, a documentación requerida.

Calendario das probas

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión