Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

A Escola da Bici, cursos maio

A Escola da Bici de Mobi-liza organiza cursos para persoas adultas e para a infancia con varios niveis de aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/05/2024 ata o 26/05/2024

Número de prazas:

5 por curso.

Prezo:

15€/curso.

Requisitos:

 Para poder participar tes que cubrir o formulario en liña na web de Mobi-liza, e reservarás a túa praza.

Páxina web:

mobilizaes.wordpress.com

Contacto:

Mobi-liza. A Escola da Bici

Avenida Labañou, 10. 15011- A Coruña

tel.: 679 744 920

e-correo: aescoladabici@gmail.com

www.facebook.com/Mobi-Liza

twitter.com/liza_mobi

Para persoas adultas

  • Nivel 1 - Iniciación, dirixido a persoas que non saben andar en bici e desexan aprender. Este será luns 6, martes 7 e mércores 8, de 16:00 a 18:00h. 
  • Nivel 2.1 - Habilidades (básico), dirixido a persoas que saben andar en bici, pero precisan gañar unha serie de destrezas e habilidades para ter un maior dominio da bici. Este será luns 13, martes 14 e mércores 15, de 16:00 a 18:00h.
  • Nivel 1 - Iniciación, dirixido a persoas que non saben andar en bici e desexan aprender. Este será venres 24 de 17.00 a 19:00h., sábado 25  e domingo 26 de 12:00 a 14:00h. 

Para infancia

  • Infancia - Nivel 1 - Iniciación, dirixido a nenos e nenas que non saben andar en bici e desexan aprender. Este será sábado 4 e domingo 5, de 10:00 a 12:00h.
  • Infancia - Nivel 2 - Habilidades, dirixido a nenas e nenos que saben andar en bici pero precisan gañar unha serie de destrezas e habilidades para ter un maior dominio da bici. Este será sábado 25 e domingo 26 de 10:00 a 12:00h.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión