Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas de formación no Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller

O Ministerio de Igualdade convoca seis bolsas de formación no Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller para o período 2024-2025.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 10/05/2024

Duración:

Desde a data de incorporación ata o 15 de agosto de 2025.

Requisitos:

  • Nacionalidade española ou dalgún Estado membro da Unión Europea
  • Finalizar os estudos no ano 2021 ou posterior.
  • Título de grao esixido para cada unha das bolsas ou, no seu caso, certificación supletoria do título.
  • Non gozar doutras bolsas de formación no Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller e/ou no ámbito da Secretaría de Estado de Igualdade e para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, e dos seus Organismos públicos adscritos.
  • As persoas beneficiarias deberán atoparse en situación de desemprego no momento da súa incorporación.

Remuneración / Custo:

A cada bolsas corresponderalle unha asignación de 1.250,00 € brutos mensuais e unha única asignación de 600,00 € brutos anuais para gastos asociados á bolsa.

Páxina web:

www.igualdad.gob.es

Contacto:

Ministerio de Igualdade

Alcalá 37, 28014 Madrid.

Tel. 91 5243573

Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero

Correo electrónico observatorio-violencia@igualdad.gob.es

Publicación:

BOE 17/04/2024 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 754799

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión