Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Campos de voluntariado noutras Comunidades Autónomas

A Xunta de Galicia oferta prazas en campos de voluntariado na Rioxa, Aragón, Baleares, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Ceuta, Estremadura, Euskadi, Madrid, Melilla e Navarra.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 02/05/2024 ata o 24/05/2024

ás 14:00 h. Prazas libres: do 4 de xuño ata 5 días antes do inicio do campo.

Duración:

Entre 12 e 15 días.

Prezo:

  •  72 euros nos campos en Ceuta.
  • 110 euros nos campos na Rioxa, Aragón, Baleares, Cantabria, Castela e León, Estremadura, Euskadi e Melilla.
  • 110 euros (persoas de 18 a 24 anos) e 121 euros (persoas de 25 a 30 anos) nos campos en Madrid.
  • 120 euros nos campos en Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana e Navarra. 

A cota inclúe: gastos de manutención, aloxamento, os derivados das propias actividades dos campos e un seguro de accidentes e responsabilidade civil.

Requisitos:

  • Mocidade galega de 18 a 30 anos.   
  • A solicitude presentarase en liña, no enlace que se habilitará o día de apertura do prazo na páxina web de Xuventude.
  • As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por orde de recepción das solicitudes, respectando a prioridade sinalada no formulario. Unha vez adxudicada a praza, a persoa solicitante recibirá un correo electrónico coa documentación que debe cubrir xunto coas instrucións para o pagamento da cota e para presentar a documentación.

Páxina web:

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

Contacto:

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Complexo administrativo San Lázaro, s/n, planta 0. 15707 Santiago de Compostela

Tel. 981 957 115 - 881 999 314

Na Coruña: Servizo de Xuventude e Voluntariado

Tel. 881 881 238 - 881 881 239 - 881 881 240 - 881 881 241

Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión