De Xron, Manuel Cortés, Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo *Programación especial 35 Aniversario da Compañía Chévere
Para público en xeral
29/12/2022
Xa rematou
20.30 h
90 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)
*Todo o que acceda ao recinto debe facelo con entrada, independentemente da idade que teña
Coma outras veces, Chévere parte dunha historia moi local. Nesta ocasión trátase dun relato que se foi transmitindo oralmente de xeración en xeración entre a xente da comarca de Verín (Ourense), durante os últimos noventa anos: a historia da curva na que se matou o enxeñeiro José Fernández España en 1927, cando traballaba no trazado ferroviario de acceso a Galicia entre Puebla de Sanabria e Ourense.
Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, artellamos unha peza que bebe do xénero policial, ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español como se fose a promesa dun tren que nunca chegou. Porque a esta zona afastada e fronteiriza de España apenas chegou en forma de mito, e o mito fala da súa morte nunha curva.
Curva España é unha adaptación á escena do formato deses documentais sobre crimes reais que inzan as plataformas de contidos audiovisuais. O escenario funciona coma un plató no que se van executando, gravando e editando en directo as distintas secuencias nas que se estrutura a historia. Unha historia que dá para falar da España baleirada, das consecuencias da Lei Mordaza sobre a liberdade de expresión, da unidade nacional ou de como a xente constrúe narrativas alternativas á historia oficial. Pódese describir como unha obra cinescénica, unha autoficción documental ou un trhiller, sen renunciar a seguir facendo un teatro político que fala de nós mesmos/as e de como as promesas incumpridas do pasado afectan ao presente.
Con: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Lucía Estévez e Leti Blanco
Dirección: Xron
Deseño de iluminación: Fidel Vázquez
Espazo audiovisual: Lucia Estévez, Leti Blanco, Laura Iturralde
Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo
Vídeo: Lucía Estévez
Vestiario: Renata Uzal
Produción executiva: Patricia de Lorenzo
Unha produción Chévere en coprodución con Teatros del Canal, Concello de Teo e MIT Ribadavia
*Venda de entradas soltas a partires do 8 de setembro
- Despacho de Billetes da Praza de Ourense: de luns a venres de 11 a 15 e de 16.30 a 19.30 h
- Despacho de Billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a20 h
- Venda en liña: Ataquilla.com
* Programación para adultos, idade recomendada a partir de 14 anos
* Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala
Os días 30/05/2024 ás 19:00 , 13/06/2024 ás 19:00
Dende o 03/05/2024 ata o 17/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible