A Academia Galega de Seguridade Pública convoca o curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas durante o ano 2024.
Para público en xeral
As solicitudes para unha edición concreta do curso admitiranse ata 10 días hábiles antes da realización da dita edición do curso.
O horario das clases será das 10.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 17.30 horas.
Gratuíto. Unha vez superado o curso, para obter a habilitación haberá que aboar a correspondente taxa administrativa.
Servizo de Coordinación, Planificación e Selección na Agasp
Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada (Pontevedra)
Enderezo electrónico seleccion.agasp@xunta.gal
Teléfonos: 886 20 61 16 ou 886 20 61 09
Publicación: DOG 15/12/2023
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR471A
Contido do curso:
O temario estará dispoñible na páxina web da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior na seguinte ligazón: https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/informacion-espectaculos-publicos
Calendario das edicións do curso durante o ano 2024:
As solicitudes para unha edición concreta do curso admitiranse ata como máximo 10 días hábiles antes da realización da dita edición do curso. Cando se acade un número mínimo de 20 solicitudes, a Agasp programará a súa realización e publicará na súa páxina web a listaxe de persoas admitidas e as excluídas en cada edición que se realice e, ademais, as persoas interesadas recibirán un correo electrónico e un sms, en que se indicará toda a información relativa ao curso (data de realización e horario).
21/06/2024
A retirada de entradas para este concerto gratuito comezará o mércores, 12 de xuño, ás 08.00 h.
Dende o 10/06/2024
ás 12.00 horas, e ata 5 días antes do inicio da actividade (salvo que se esgoten as prazas).
Dende o 01/06/2024 ata o 28/06/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible