Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

LOS TIGRES DEL NORTE "European Tour 2024"

LOS TIGRES DEL NORTE REGRESAN A ESPAÑA! A icónica banda Los Tigres del Norte, un referente para moitos artistas de música rexional mexicana, que hoxe traspasan as fronteiras do país, volven a España despois de 14 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

05/04/2024

Xa rematou

Horario:

21:00 h

Apertura de portas 19.30 h

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

  • Platea (Filas 1-10): 70,00 €
  • Platea (Filas 11 -30): 65,00 €
  • Tendido Baixo (sentado numerado): 55,00 €
  • Tendido Medio (sentado numerado): 45,00 €
  • Tendido Alto (sentado numerado): 45,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

A ENTRADA É NOMINAL. NON SE ADMITEN CAMBIOS DE ENTRADAS, NIN DA TITULARIDADE DAS MESMAS, NIN DEVOLUCIÓNS.

NO MOMENTO DA COMPRA DAS ENTRADAS DÉBESE INDICAR O NOME, APELIDOS E DNI (NIE OU PASAPORTE) DOS ASISTENTES TAL E COMO FIGURAN NOS SEUS DNI.

PARA PODER ACCEDER AO COLISEUM, O TITULAR DA ENTRADA DEBERÁ IDENTIFICARSE PRESENTANDO O SEU DNI XUNTO COA SÚA ENTRADA.

NO CASO DE QUE O TITULAR DA COMPRA DAS ENTRADAS NON DISPOÑA DE TODOS OS DATOS PARA IDENTIFICAR OS SEUS ACOMPAÑANTES DEBERÁ INDICAR OS SEUS PROPIOS NAS ENTRADAS DESTINADAS AOS DITOS ACOMPAÑANTES, OBRIGÁNDOSE A ASISTIR AO EVENTO. DURANTE O ACCESO AO COLISEUM TODOS ELES DEBERÁN IDENTIFICARSE COMO INTEGRANTES DO MESMO GRUPO.

OS MENORES 16 ANOS TEÑEN QUE ASISTIR AO EVENTO ACOMPAÑADOS DUN ADULTO RESPONSABLE MAIOR DE IDADE E TRAER A CORRESPONDENTE AUTORIZACIÓN ASINADA.

Organiza:

IN&OUT Music Live, A.I.E

Documentos:

AUTORIZACION-DE-ACCESO-PARA-MENORES-DE-16-ANOS---sin-personalizar-2023-ULTIMA-VERSION-2.pdf (257 KB)

Madrid, A Coruña, Barcelona, Bilbao e Pamplona serán as cidades que ruxirán o próximo mes de abril.

Los Tigres del Norte, deron voz desde os seus comezos á comunidade latinoamericana a nivel mundial, expresando mediante as letras das súas cancións o sentir de todos os pobos de fala hispana, defendendo os dereitos, ideoloxía e valores de todos eles.

Ademais coa súa fundación "Los Tigres del Norte", contribúen coa conservación e a defensa da herdanza e tradición mexicana nos Estados Unidos.

Durante os seus 55 anos de carreira gravaron 55 álbums, que inclúen máis de 700 cancións, e venderon mais de 30 millóns de copias, con 140 discos de platino, 135 de ouro e 1 de diamante.

Participaron en 16 películas. Gañadores de 14 GRAMMYS (7 GRAMMY Awards e 7 Latin GRAMMY).

O seu poder de convocatoria é internacional, logrando romper récords de asistencia nos seus concertos en todos os países onde se presentan.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Coliseum: unicamente día de concerto.
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: De luns a venres (excepto festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión