Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Hasta el 16/01/2026
Proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, dunha praza de enxeñeiro técnico agrícola ou enxeñeira técnica agrícola (subgrupo A2). O sistema de selección será o de oposición.
Hasta el 18/02/2026
a las 14:00h.
La Fundación ”la Caixa” convoca 30 becas para investigadores/as de todas las nacionalidades que deseen cursar un doctorado en cualquier disciplina y universidad o centro de investigación de España o Portugal.
Desde el 18/12/2025 hasta el 06/01/2026
A biblioteca Municipal de Estudos Locais organiza, con motivo do ano de Castelao, esta exposición na Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga.
Hasta el 16/01/2026
Proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, dunha praza de técnico ou técnica de medio ambiente (subgrupo A1). O sistema de selección será o de concurso-oposición.
Hasta el 07/01/2026
O Concello de Cospeito convoca proceso selectivo para a provisión en propiedade, polo sistema de oposición por quenda libre, dunha praza de Oficial de Primeira, persoal de oficios.
Hasta el 16/01/2026
Proceso selectivo, mediante el sistema de oposición, para cubrir 67 plazas de acceso libre, en el Cuerpo Nacional Veterinario (se reservarán 8 para ser cubiertas por personas con un grado de discapacidad igual o superior al 33 por 100).
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible