Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • Concurso audiovisual "Modo Festival On"

    Inscricións:

    Dende o 15/06/2026 ata o 21/07/2026

    23:59 h.

    Cultura Inquieta, coa colaboración de Iberdrola, presenta Modo Festival On: un certame internacional de reels, dotado con 2.000 euros en premios, que convida a capturar eses momentos nos que a música esperta algo esencial: o entusiasmo pola vida.

  • X Premio de Artes Plásticas AOVE Supremo

    Inscricións:

    Ata o 30/06/2026

    Aceite Supremo convoca a décima edición do seu tradicional Premio de Artes Plásticas AOVE Supremo.

  • Concurso de Redacción Escolar da Fundación Paradigma

    Inscricións:

    Dende o 20/03/2026 ata o 30/06/2026

    A Fundación Paradigma Córdoba para a Convivencia convoca este XIII Concurso de redacción escolar, para alumnos de Secundaria, Bacharelato ou equivalentes, tamén noutros países.

  • 16 prazas de Auxiliar de Informática na Universidade Politécnica de Madrid

    Inscricións:

    Ata o 29/06/2026

    Convócanse probas selectivas para a cobertura de 16 prazas pertencentes á Escala Técnica Auxiliar de Informática da Universidade Politécnica de Madrid, grupo C, subgrupo C1, para a súa provisión polo sistema xeral de acceso libre. O sistema será o de oposición.

  • 6 prazas no Corpo de Xestión de Sistemas e Informática da Universidade Politécnica de Madrid

    Inscricións:

    Ata o 29/06/2026

    Convócanse probas selectivas para a cobertura de 6 prazas pertencentes ao Corpo de Xestión de Sistemas e Informática Universitaria, Grupo A, Subgrupo A2, da Universidade Politécnica de Madrid, para a súa provisión polo sistema xeral de acceso libre. O sistema será o de oposición.

  • Cursos Aula CeMIT -Xullo

    Cando:

    Dende o 01/07/2026 ata o 30/07/2026

    Inscricións:

    Consultar datas de inscrición de cada curso.

    A aula CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) presenta a oferta de cursos presenciais que terán lugar no mes de xullo na aula CeMIT Eirís. Tamén horario de atención presencial na Aula Aberta.

Convocatorias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión