Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

A Casa dos Xoguetes

O Concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), pon en marcha un ano máis a Casa dos Xoguetes, unha iniciativa que ten como obxectivo fomentar a economía circular e o consumo responsable convidando ás familias a dar unha segunda vida aos xoguetes durante estas festas do Nadal.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 01/12/2025 hasta el 31/12/2025

Horario:

para a entrega e recollida de xoguetes na sede da OMIC:

  • - de luns a venres de 11.00 a 18.00 h. (agás 24 e 31 de decembro: de 11.00 a 14.00 h.)
  • - sábados de 11.00 a 14.00 h.

Requisitos:

A Casa dos Xoguetes é unha iniciativa para familias e particulares, non se aceptan doacións de grupos nin colectivos xa que o que se fomenta é a economía circular.

Página web:

www.coruna.gal/omic

Contacto:

Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC)

R/ Costa da Palloza, 8 (15006 - A Coruña)

Tel.: 981 189 820

correo-e: omic@coruna.gal

A OMIC anima á cidadanía a achegar aqueles xoguetes que xa non empregan para que outros nenos e nenas poidan gozar deles ao tempo que poderá levar os que mais lle gusten dos expostos que se correspondan co valor dos seus cupóns.

Para participar na Casa dos Xoguetes:

  • Pódense doar xoguetes entre o 1 e o 31 de decembro. Se a tenda se enche demasiado, estas datas poderían cambiar para garantir que todo funcione ben.
  • O persoal da tenda revisará cada xoguete que se entregue. Eles decidirán se está en boas condicións para ser intercambiado por cupóns e tamén valorarán o tipo de xoguete para asignarlle o número de cupóns correspondente.

Ademais, ata o 3 de xaneiro, a Casa dos Xoguetes ofrecerá obradoiros creativos e actividades lúdicas para nenos e nenas de 4 a 10 anos. Pódese consultar o programa completo en www.coruna.gal/omic

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión