Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Ciclo de conferencias "Maruja Mallo. De Galicia ás vangardas do século XX"
O Museo de Belas Artes da Coruña organiza, entre os meses de maio e decembro de 2025, un ciclo de cinco conferencias dedicado a Maruja Mallo, figura clave das vangardas artísticas do século XX e unha das creadoras máis relevantes da cultura galega e española. O obxectivo do ciclo é o de afondar nas múltiples facetas da artista a través da visión de especialistas en diferentes ámbitos.
xoves 22 de maio: "Maruja Mallo: metade muller, metade marisco": proxección do documental homónimo e coloquioAntón Reixa (escritor e músico)
xoves 12 de xuño: "Maruja Mallo: a súa conexión permanente con Galicia", con Carme Vidal (xornalista)
mércores 8 de outubro: "Imaxinarios transatlánticos. Maruja Mallo e o nadal como motivo artístico", con Carmen Gaitán (científica titular no Instituto de Historia do CSIC)
mércores 12 de novembro: "Os mares de Maruja Mallo", con Patricia Molins (comisaria da exposición "Maruja Mallo: Máscara y compás" no Museo Reina Sofía)
mércores 3 de decembro: "Mortal e deusa. As 14 almas de Maruja Mallo", con José Luis Ferris (escritor e biógrafo de Maruja Mallo)
LUGAR: Salón de Actos do Museo de Belas Artes da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible