Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Palabra do Ano 2025

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié promoven un ano máis, a través da web do Portal das Palabras, a elección colectiva da Palabra do Ano 2025.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

  • 1ª fase (suxestións): até o 01/12/2025
  • 2ª fase (votacións): do 03/12/2025 ao 21/12/2025

Página web:

portaldaspalabras.gal

Contacto:

A lingua é un espello do que somos, do que queremos ser, do que nos ocupa e preocupa en cada momento a cadaquén, a todos e todas como sociedade. O lugar onde as palabras existen con máis intensidade é a actualidade, ese día a día compartido no que, como tan claro nos queda nestes tempos pandémicos, o público e o privado conflúen. Por iso escoller unha Palabra do Ano significa tomar ao mesmo tempo conciencia do valor da lingua e do que designan as palabras que eliximos e creamos.

Decidir colectivamente cal é a palabra que identifica o ano que remata é tamén un xeito de resumirmos como o vivimos. No bo ou no malo. E mesmo unha maneira de redimírmonos daquilo que se quere deixar atrás. Ou unha forma de agradecer o bo e de buscar acougo. Vós decidides. Vós tendes a palabra.

FASES

  • 1ª fase: envío das suxestións até o luns 1 de decembro ás 23:59h a través do enlace https://portaldaspalabras.gal/palabradoano
  • 2ª fase: o mércores 3 de decembro anunciaranse as palabras finalistas e abrirase o periodo de votacións até as 23:59h do domingo 21 de decembro.
  • 3ª fase: anuncio da Palabra do Ano nos últimos días do 2025.

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión