A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca a proba de acceso aos CM de Formación Profesional en Galicia para o ano 2026.
Para público en general
21/05/2026
ás 9.00h. presentación.
Desde el 16/03/2026 hasta el 26/03/2026
Máis información:
Nos C.I.F.P. e nos I.E.S. onde se imparta FP.
Todos os institutos de educación secundaria que impartan ciclos formativos de formación profesional e os centros integrados de formación profesional deberán ofrecer ás persoas interesadas información e orientación sobre estas ensinanzas, así como sobre o procedemento de inscrición e desenvolvemento das probas de acceso.
Publicación: DOG 06/03/2026
ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN
A proba é común para todos os ciclos formativos de grao medio. Consta de tres partes:
a) Parte sociolingüística. Organízase en tres probas:
b) Parte matemática. Organízase nunha única proba:
c) Parte científico-técnica. Organízase en dúas probas:
LUGARES DE INSCRICIÓN
As solicitudes presentaranse, preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (Cód. Proc. ED312C) dispoñible na aplicación informática "Ciclosprobas" accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.
Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2025/26. Deberase cubrir a solicitude a través da aplicación "Ciclosprobas", que xerará un documento en formato .pdf, que se deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición. No caso de solicitantes menores de idade poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.
O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.
DATAS DE INSCRICIÓN: do 16 ao 26 de marzo de 2026, ambos os dous incluídos
PUBLICACIÓN DOS CENTROS ONDE SE REALIZARÁN AS PROBAS: 22 de abril.
DATA DE CELEBRACIÓN DA PROBA: 21 de maio de 2026
* Presentación ás 9.00 h.
Levar documento oficial de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición.
CERTIFICACIÓN DE SUPERACIÓN DA PROBA POR RESOLUCIÓN ADMINISTRATIVA: do 15 de xuño ao 30 de setembro de 2026.
Fins de semana desde o 13 de marzo ata o 13 de setembro.
Desde el 05/03/2026
ata completar as prazas.
29/04/2026
Presentación ás 9.00h.
Desde el 16/03/2026 hasta el 26/03/2026
21/05/2026
ás 9.00h. presentación.
Desde el 16/03/2026 hasta el 26/03/2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible