Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Probas de avaliación en competencias clave

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convoca probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos certificados profesionais de niveis 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Hasta el 16/02/2026

Requisitos:

  • Persoas maiores de 16 anos ou que os teñan feitos a 31 de decembro do ano natural en que se realizan as probas.
  • Para acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 2, non posuír algunha das seguintes titulacións, certificacións ou acreditacións:
    • Título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.
    • Título de técnico básico.
    • Certificado de profesionalidade de nivel 2.
    • Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia.
    • Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou para maiores de 45 anos.
    • Competencias clave de nivel 2 para cursar con aproveitamento a formación correspondente ao certificado profesional. 
    • Requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ter superado as correspondentes probas de acceso.  
    • Estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen no anexo V da convocatoria.
    • Calquera titulación, certificación ou acreditación que dea acceso aos certificados profesionais de nivel 3 de cualificación.
    • Outros estudos declarados equivalentes para efectos académicos con algún dos anteriores.
  • Para acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 3, non posuír algunha das seguintes titulacións, certificacións ou acreditacións:
    • Título de bacharelato.
    • Título de técnico ou técnico superior.
    • Certificado de profesionalidade de nivel 3
    • Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia.
    • Competencias clave de nivel 3 para cursar con aproveitamento a formación correspondente ao certificado profesional. 
    • Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou para maiores de 45 anos.
    • Requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior ou ter superado as correspondentes probas de acceso.
    • Estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen no anexo V da convcocatoria.
    • Outros estudos declarados equivalentes para efectos académicos con algún dos anteriores.

Página web:

https://conselleriaemprego.xunta.gal/formacion/competencias-clave

Contacto:

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego

Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n (15781 - Santiago de Compostela)

Tel.: 981 546 858 - 981 546 843 - 981 546 854

correo-e: sx.cualificacions.emprego@xunta.gal

Publicación: DOG 14/01/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento TR306A

As probas terán lugar, previsiblemente, na segunda quincena de maio. O lugar, os días e os horarios de realización das probas publicarase na páxina web da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración: https://conselleriaemprego.xunta.gal/es/formacion/competencias-clave

Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave:

  • Comunicación en lingua galega.
  • Comunicación en lingua castelá
  • Comunicación en lingua estranxeira (inglés)
  • Competencia matemática

Co obxecto de facilitar a preparación desta proba, a Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego pon á disposición da cidadanía, a través do Campus Virtual de Emprego, contidos formativos, probas e un servizo de titoría. As persoas interesadas poden acceder a eles, de forma gratuíta, na seguinte ligazón: https://conselleriaemprego.xunta.gal/es/formacion/competencias-clave/autoformacion-campus-virtual

A superación das probas de competencias clave permitirá o acceso á formación dos certificados profesionais do nivel correspondente:

  • As competencias clave requiridas para todos os certificados profesionais das 26 familias profesionais do Repertorio nacional de certificados profesionais para os niveis de cualificación 2 e 3 son: competencia matemática, comunicación en lingua castelá e comunicación en lingua galega.
  • A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados profesionais que teñen un módulo profesional de lingua estranxeira.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión