Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
Utilizamos cookies propias (sesión, personalización, preferencias) para mejorar la experiencia del usuario a través del sitio web y cookies de terceros generadas por servicios o proveedores externos a la webque recopilan datos estadísticos, de uso, gustos de los usuarios, etc Aceptando todas las cookies da su consentimiento expreso para que se registren y utilicen tanto las cookies propias como las de terceros. Rechazando las cookies acepta que se utilicen exclusivamente las cookies propias para mejorar la experiencia de usuario. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de Normas de uso
Proceso de admisión do alumnado en centros docentes de Educación Infantil, Primaria e Secundaria sostidos con fondos públicos. Curso 2026/2027
Proceso de admisión para os centros sostidos con fondos públicos. A solicitude presentarase no centro no que se solicite praza en primeiro lugar ou a través da aplicación "admisionalumnado" do portal da Consellería Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Antes do 1 de marzo: sorteo público a efectos de desempate e publicación dos postos escolares vacantes nos centros docentes.
Do 1 ao 20 de marzo: presentación das SOLICITUDES DE ADMISIÓN
A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado ED550B dispoñible na aplicación informática admisionalumnado(consultar o Manual) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderase presentar a solicitude presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Presentarase unha única solicitude, na que se pode facer constarunha relación de até seis centros, por orde de preferencia.
Do 21 de marzo ao 3 de abril: presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo, cando así o requira o centro indicado en primeiro lugar.
25 de abril: publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. Indicando que se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir da súa publicación, ante o Consello Escolar no caso dos centros públicos e ante o titular no caso de centros privados concertados.
15 de maio: publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido ordenado segundo a puntuación total. Impugnación das listaxes definitivas: No caso de centros públicos, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada. No caso de centros privados concertados, poderán formular unha reclamación. Prazo: un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. En ambos casos, a resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa.
Do 20 ao 30 de xuño: formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria.
do 25 de xuño ao 7 de xullo: formalización da matrícula en ESO e BACHARELATO.
Máis información
Mapa das áreas de influencia editado polo Concello da Coruña (segundo as instrucións ditadas pola Consellería).
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge.
Instalar ahora un navegador compatible