Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

250 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME) para estudos de máster

A Secretaría Xeral da Emigración convoca 250 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar determinados estudos de máster que se inicien no curso 2024/25 nunha universidade galega

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 30/04/2024

Requisitos:

a) Requisitos que se deberán cumprir e acreditar no momento da presentación da solicitude:

  • Ser menor de 40 anos
  • Estar en posesión da nacionalidade española
  • Residir fóra de España
  • Acreditar un mínimo de 2 anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude
  • Estar vinculado/a a Galicia dalgún destes xeitos:
    • - Ser persoa emigrante nacida en Galicia
    • - Ser persoa emigrante non nacida en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar
    • - Ser descendente por consanguinidade dunha persoa nacida en Galicia
  • Ter rematado e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico/a, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou outra declarada equivalente de forma expresa, que dea acceso a un máster universitario
  • No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estaren vinculadas a un concello galego.

b) Requisito que se deberá cumprir e acreditar con carácter previo á concesión da bolsa:

  • Estar matriculado/a no curso 2024/25 nun máster universitario dos ofertados na convocatoria e sinalados no anexo I, dun mínimo de 60 créditos ECTS na modalidade presencial ou semipresencial

Remuneración / Dotación:

A dotación total da bolsa para realizar o máster nunha universidade galega será a seguinte, segundo a súa duración e o país de procedencia do/da solicitante:

- 60-72 créditos ECTS

  • Europa: 8.000 €
  • Resto de países: 8.500 €

- 90 créditos ECTS

  • Europa: 11.750 €
  • Resto de países 12.500 €

Páxina web:

https://emigracion.xunta.gal

Contacto:

Secretaria Xeral da Emigración. Servizo de Planificación e Xestión de Programas do Retorno

Basquiños, 2 (15704 - Santiago de Compostela)

Tel.: 981 547 271 - 981 957 162

correo-e: retorno.emigracion@xunta.gal

Publicación: 

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR911A

Con este programa de bolsas, a Secretaría Xeral da Emigración oferta ás persoas galegas universitarias residentes no estranxeiro, a posibilidade de adquirir unha especialización académica de máster nunha universidade galega, coa finalidade de que amplíen a súa formación e adquiran competencias e habilidades que favorezan a súa inserción laboral e futuro profesional en Galicia con maiores garantías de éxito.

Os másteres ofertados intégranse nas áreas de Arte e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñaría e Arquitectura; seleccionáronse en función das posibilidades dunha maior empregabilidade e son de interese para o desenvolvemento do sector produtivo industrial, de servizos así como o da información e coñecemento de Galicia.

SOLICITUDES: presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible en https://sede.xunta.gal

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión