Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Acceso e Admisión ás Ensinanzas Superiores de Arte Dramática, curso 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2024-2025.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até o 21 de maio.

2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até o 25 de xuño.

Prezo:

64€

Requisitos:

CONDICIÓNS DAS PERSOAS ASPIRANTES:

  • Para o acceso aos estudos superiores de Arte Dramática, en calquera das súas especialidades, requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou estar en posesión dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, así como a superación da correspondente proba específica.
    • A superación da proba específica de acceso faculta unicamente para a participación do/a aspirante no proceso de admisión a estas ensinanzas no curso para o cal son convocadas e realizadas, en calquera dos centros do Estado en que se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da dispoñibilidade de prazas.
    • ►Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez que estean en posesión do título de bacharelato.
  • As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de 18 anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba: proba subtitutiva do requisito de titulación.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD)

Rúa Poza Cabalo, s/n. 36212- Vigo (Pontevedra)

Tel.: 986 246 399 / 619 910 967

esad.galicia@edu.xunta.gal

www.esadgalicia.com  

PUBLICACIÓN: DOG 25/04/2024

INSCRICIÓN:

  • do 26 de abril ao 21 de maio de 2024.
  • As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato, poderán presentar solicitude até o 25 de xuño incluído.

Con carácter xeral,  as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático completando o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas  e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (sede.xunta.gal/chave365). As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición na Secretaría da Escola.

Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría da Escola.

Persoas aspirantes que realicen as probas substitutivas de bacharelato:

Persoas aspirantes que non realicen as probas substitutivas de bacharelato:

  • 23 de maio: publicación listaxe provisional inscritas.
  • 24 e 27 de maio: reclamación á listaxe provisional.
  • 28 de maio: publicación listaxe definitiva.
  • 27 de xuño: publicación listaxe provisional inscritas.
  • 28 de xuño e 1 de xullo: reclamación á listaxe provisional.
  • 3 de xullo: publicación listaxe definitiva.

PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN

A proba ten por obxecto acreditar os coñecementos e a madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato. Será cualificada cos termos APTO ou NON APTO. As materias da proba son:

  • Lingua galega e literatura. 1º exercicio será tipo test e o 2º produción dun texto escrito.
  • Lingua castelá e literatura. 1º exercicio será tipo test e o 2º produción dun texto escrito.
  • Lingua estranxeira (inglés ou francés). 1º exercicio será tipo test e o 2º produción dun texto escrito.
  • Filosofía. 1º exercicio será tipo test e o 2º comentario a partir dun texto proposto.
  • Historia de España. 1º exercicio será tipo test e o 2º comentario a partir dun texto proposto.

DATAS  E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 30 de maio  de 2024, no IES San Clemente de Santiago de Compostela. R/ San Clemente, s/n. 15705. Tel.: 881 867 501

* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.

  • 9.30h: presentación.
  • Das 10.00-11.00h: Filosofía.
  • Das 11.00-12.00h: Historia de España.
  • Das 12.15-13.15h: Lingua Galega e Literatura.
  • Das 13.15-14.15h: Lingua Castelá e Literatura.
  • Das 16.00-17.00h: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
  • 4 de xuño: publicación cualificacións provisorias.
  • 5 e 6 de xuño: prazo de reclamacións, Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
  • 10 de xuño: publicación cualificacións definitivas, nos centros e en www.edu.xunta.gal

PROBAS ESPECÍFICAS ACCESO AS ENSINANZAS SUPERIORES DE ARTE DRAMÁTICA

A proba de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática será realizada por especialidades.

Constará dunha única proba que comprenderá diferentes exercicios, referidos á especialidade pola que opten as persoas aspirantes.

  • Especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia: consistirá, como mínimo, nun traballo escrito que implicará o desenvolvemento dunha proposta escénica, nun exercicio breve de dirección de grupos, na escrita dun texto breve a partir dunha situación dramática, e nunha entrevista persoal.
  • Especialidade de Escenografía: consistirá, como mínimo, na realización dun debuxo do natural e dun deseño escenográfico a partir dos motivos que en cada caso se propoñan, e nunha entrevista persoal.
  • Especialidade de Interpretación: consistirá, como mínimo, en dúas sesións de traballo cunha duración non superior a catro horas cada unha, nas que se realizarán diferentes actividades expresivas propias da especialidade, e nunha entrevista persoal.

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN: realizaranse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e darán comezo o día 8 de xullo de 2024, de acordo co calendario e horario que estableza o tribunal. * Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.

  • 12 de xullo: publicación resultados provisorios.
  • 15 e 16 de xullo: prazo de reclamación.
  • 19 de xullo: publicación resultados definitivos.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión