Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
4 bolsas de colaboración en proxectos de investigación no Consello da Cultura Galega
O Consello da Cultura Galega convoca catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta entidade
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 10/08/2026
Duración:
máximo 12 meses.
Requisitos:
Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.
Estar en posesión da titulación universitaria requirida para o proxecto á cal presenten a solicitude e ter rematados os estudos no curso académico 2013/14 ou posterior:
Proxecto de investigación Unidade de Publicacións (1 bolsa): licenciatura ou grao en Filoloxía Galega, Galego e Portugués, Lingua e Literatura Galegas, Filoloxía Aplicada Galega e Española e Tradución e Interpretación (con materia A1: Galego) ou titulacións equivalentes.
Proxecto de investigación Área de Documentación (1 bolsa): licenciatura ou grao en Biblioteconomía e Documentación, grao en Información e Documentación, grao en Xestión de Información e Documentación Dixital, mestrado oficial en materia de bibliotecas, con independencia da titulación de grao de acceso ao dito mestrado, ou titulacións equivalentes.
Proxecto de investigación Unidade de divulgación de contidos e difusión (2 bolsas): licenciatura ou grao en Ciencias da Comunicación, Comunicación Audiovisual ou titulacións equivalentes.
Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciatura ou grao en Filoloxía Galega, Galego e Portugués, Lingua e Literatura Galegas e Tradución e Interpretación.
Non resultar persoa beneficiaria dunha bolsa de colaboración convocada polo Consello da Cultura Galega en convocatorias anteriores durante un prazo superior a 12 meses.
Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6 puntos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible