Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

7 bolsas de formación práctica no Parlamento de Galicia

O Parlamento de Galicia convoca diversas bolsas de formación práctica relacionadas coa actividade da institución.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Hasta el 30/01/2026

Duración:

Máximo 12 meses.

Requisitos:

  • Nacionalidade española, nacional dun estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados aos que, en virtude de tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de persoas.
  • Posuír as seguintes titulacións universitarias:
    • Para as bolsas de comunicación institucional: Grao en Xornalismo, Publicidade e Relacións Públicas; Grao en Comunicación Audiovisual; ou titulacións equivalentes.
    • Para as bolsas de publicacións: Grao en Tradución e Interpretación, no que a lingua de orixe principal da súa combinación lingüística (1ª lingua ou lingua A1) sexa a lingua galega; Grao en Lingua e Literatura galegas; Grao en Estudos de Galego e Español, con itinerario en lingua galega e española; ou titulacións equivalentes.
    • Para a bolsa de recursos humanos e contratación: Grao en Dereito, Grao en Ciencias Políticas e da Administración, Grao en Dirección e Xestión Pública ou titulacións equivalentes. 
    • Para a bolsa de xestión parlamentaria: Grao en Dereito, Grao en Ciencias Políticas e da Administración, Grao en Dirección e Xestión Pública ou titulacións equivalentes.
  • As titulacións terán que estar obtidas no ano académico 2018-2019 ou en anos posteriores.
  • Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
  • Non resultar beneficiaria dunha bolsa en convocatorias anteriores no Parlamento de Galicia ou non ter realizado máis dun terzo do período íntegro da bolsa por substitución dunha renuncia.
  • As persoas solicitantes con discapacidade intelectual deberán:
    • Ter recoñecida oficialmente unha discapacidade intelectual cunha afección nun grao igual ou superior ao 33 por cento.
    • Acreditar posuír unha das seguintes titulacións académicas: titulación universitaria ou titulación de formación profesional. As titulacións terán que estar obtidas no ano académico 2018-2019 ou en anos posteriores.
    • Non resultar beneficiaria dunha bolsa en convocatorias anteriores no Parlamento de Galicia ou non ter realizado máis dun terzo do período íntegro da bolsa por substitución dunha renuncia.

Remuneración / Dotación:

1.300 euros/mes.

Página web:

www.parlamentodegalicia.gal

Contacto:

Parlamento de Galicia

Rúa do Hórreo, 63. 15701 Santiago de Compostela

Tel.: 981 551 300

Publicación:

DOG 31/12/2025

BOPG 02/01/2026

  • Seis bolsas individuais para contribuír á formación en prácticas de persoas con titulación universitaria, nas seguintes modalidades:
    • 2 bolsas de formación en comunicación institucional.
    • 2 bolsas de formación en publicacións.
    • 1 bolsa de formación en recursos humanos e contratación.
    • 1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.
  • Unha bolsa destinada a persoas con discapacidade intelectual igual ou superior ao 33 %, con titulación universitaria ou formación profesional, para contribuír á súa formación nas áreas de asistencia xeral e administrativas.

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión