Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
Utilizamos cookies propias (sesión, personalización, preferencias) para mejorar la experiencia del usuario a través del sitio web y cookies de terceros generadas por servicios o proveedores externos a la webque recopilan datos estadísticos, de uso, gustos de los usuarios, etc Aceptando todas las cookies da su consentimiento expreso para que se registren y utilicen tanto las cookies propias como las de terceros. Rechazando las cookies acepta que se utilicen exclusivamente las cookies propias para mejorar la experiencia de usuario. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de Normas de uso
O Concello da Coruña convoca axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar, durante o período lectivo do curso escolar 2026/2027, para o alumnado empadroado no Concello.
A quién va dirigido:
Para público en general
Inscripciones:
Desde el 23/02/2026 hasta el 13/03/2026
Duración:
De setembro do 2026 a xuño de 2027, de luns a venres.
Requisitos:
Alumnado de centros escolares nos que se imparta segundo ciclo de educación infantil, primaria, ensino secundario obrigatorio, bacharelato e formación profesional, así como de centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos, sempre que estean localizados no termo municipal da Coruña e estean autorizados pola Consellería competente para a prestación do servizo de comedor escolar.
O alumnado solicitante, para ter a condición de persoa beneficiaria, deberá ademais reunir os seguintes requisitos:
Estar empadroado no Concello da Coruña.
Dispoñer DNI, NIE ou NIF antes da finalización do prazo de corrección.
Estar matriculado ou solicitar matrícula dentro do prazo establecido pola Consellería competente, nun centro educativo do termo municipal da Coruña que conte con servizo de comedor autorizado.
Non superar os 8.000 euros anuais de ingresos per cápita da unidade familiar nuclear. Non se esixirá este requisito no caso de menores en réxime de acollemento familiar, que estean tutelados por unha institución pública ou que formen parte dun programa de inclusión e transición á vida autónoma da rede municipal de acollida.
As solicitudes e demais documentación, deberá presentarse no rexistro municipal (presencial ou telemático) ou en calquera dos lugares previstos na normativa.
Remuneración / Coste:
A contía da bolsa cubrirá a totalidade do custo do servizo do comedor nos centros públicos de segundo ciclo de educación infantil e primaria (CEIP), nos institutos de ensino secundario (IES) e de formación profesional ou nos centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos (CEE).
A contía da bolsa será de 80€/mes nos centros privados e/ou concertados. Será por conta das persoas beneficiarias facer fronte á diferenza que exista entre a axuda concedida e o prezo do servizo. Este importe poderá incrementarse ata 98 €/mes nos seguintes casos:
A proposta do persoal técnico dos servizos sociais municipais mediante informe que así o xustifique.
No caso de persoas beneficiarias tuteladas por unha institución pública, que se achen en réxime de acollemento familiar ou menores que formen parte dun programa de inclusión e transición á vida autónoma da rede municipal de acollida.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge.
Instalar ahora un navegador compatible