Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
Utilizamos cookies propias (sesión, personalización, preferencias) para mejorar la experiencia del usuario a través del sitio web y cookies de terceros generadas por servicios o proveedores externos a la webque recopilan datos estadísticos, de uso, gustos de los usuarios, etc Aceptando todas las cookies da su consentimiento expreso para que se registren y utilicen tanto las cookies propias como las de terceros. Rechazando las cookies acepta que se utilicen exclusivamente las cookies propias para mejorar la experiencia de usuario. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de Normas de uso
Convocatoria do Programa Erasmus + Prácticas 2026/27
Co fin de contribuír a que as persoas se adapten ás esixencias do mercado laboral europeo, adquiran aptitudes específicas e melloren a súa comprensión do contorno económico e social de Europa, ao tempo que adquiren experiencia laboral, A Universidade da Coruña publica a Convocatoria de bolsas de mobilidade internacional de estudantes para prácticas en empresas para o curso 2026/207
¿A quién va dirigido?:
Esta convocatoria está destinada ao estudantado de grao, máster e doutoramento da Universidade da Coruña (UDC), para que poidan realizar prácticas en empresas ou institucións de calquera dos países participantes no Programa Erasmus+ SMT (Acción Clave 1) durante o curso académico 2026/27.
A quién va dirigido:
Para público en general
Inscripciones:
Hasta el 31/03/2027
Ás 23:59 h. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través do Portal de solicitude
Requisitos:
O/a estudante ten que estar matriculado/a na UDC no momento de presentar a súa solicitude.
Ter o DNI ou documento equivalente en vigor desde o momento da solicitude ata o final da mobilidade.
O estudante non pode ter realizado previamente outra mobilidade con fin de prácticas no mesmo ciclo de estudos (grao, máster ou doutoramento) que está a cursar.
O estudante non poder ter realizado previamente e dentro do mesmo ciclo de estudos (grao, mestrado ou doutoramento) outras mobilidades no marco do programa erasmus que, sumadas á que solicita, superen os doce meses de duración.
O estudante deberá cumprir os requisitos de idiomas estranxeiros que se establecen no apartado 5 da convocatoria.
O estudante debe contar cun acordo de formación nas condicións sinaladas na convocatoria. As persoas que soliciten unha mobilidade de prácticas serán responsables de buscar a empresa ou institución en que realizarán as prácticas.
Poderán ser elixibles as empresas ou institucións dos 26 países membro da UE (agás España), os tres países do Espazo Económico Europeo (Islandia, Liechtenstein e Noruega), ademais de Turquía, Macedonia e Serbia.
Duración da estadía:
As estadías realizaranse entre o 1 de xullo de 2026 e o 30 de xuño de 2027, e terán unha duración de entre dous e doce meses.
As estadías da modalidade "Estudantado en prácticas" deberán completarse na súa totalidade antes de que o/a estudante solicite o depósito do seu título
As estadías da modalidade "Estudantado recentemente titulado en prácticas", deberán realizarse durante o ano seguinte á graduación do/de a estudante na titulación coa que solicitou a mobilidade. Para estes efectos, considérase que o "ano seguinte" comezará o día en que o estudantado presenta a solicitude de depósito do título.
A.Estudantado en prácticas: esta modalidade abrangue todas aquelas persoas solicitantes que realizan o seu período de prácticas mentres estean matriculadas como estudantes na UDC.
B. Estudantado recentemente titulado en prácticas: esta modalidade está orientada a aquel estudantado que solicite a mobilidade no seu último ano de estudos e realice e remate a súa estadía de prácticas no ano inmediatamente posterior ao depósito do título na UDC.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge.
Instalar ahora un navegador compatible