Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

38 resultados

  • Premios fin de carreira de ensinanzas artísticas superiores

    Texto:

    Inscricións:

    Ata o 01/10/2026

    A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca os premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2025/26 en centros públicos de Galicia.

  • Programa de prácticas Blue Book - Comisión Europea

    Cartel da bolsa.

    Cando:

    Dende o 01/03/2027 ata o 31/07/2027

    Os períodos de formación comezan o 1 de marzo e o 1 de outubro de cada ano. Actualmente está aberto o prazo de solicitude para a sesión que comeza en marzo de 2027.

    Inscricións:

    Ata o 04/09/2026

    ás 10.00 horas (hora de Bruxelas).

    O programa de prácticas Blue Book da Comisión Europea proporciona a persoas novas graduadas ou tituladas en FP, experiencia práctica na formulación de políticas e a administración da UE. Convócase dúas veces ao ano e ten unha duración de 5 meses.

  • Axudas para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes

    Fotografía dunha rúa dun pobo galego.

    Inscricións:

    Dende o 27/08/2026 ata o 16/11/2026

    ás 14:00 horas, ou ata o esgotamento do crédito orzamentario.

    Axudas para menores de 36 anos para a adquisición ou autopromoción de vivenda en concellos con poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes.

  • Composteiros domésticos Coruña 2026

    composteiros domésticos a coruña 2026

    Inscricións:

    Ata o 10/09/2026

    O Concello da Coruña a través do Servizo de Medio Ambiente pon en marcha o programa "Composteiros domésticos Coruña 2026" dirixido a persoas, centros educativos e entidades sen ánimo de lucro que dispoñan de espazos verdes nos que compostar e transformar os residuos orgánicos xerados nun fertilizante para plantas.

  • Axudas económicas para mulleres, nenas e nenos vítimas de violencias sexuais

    man tendida

    Inscricións:

    Ata o 30/10/2026

    A Consellería de Política Social e Igualdade convoca axudas económicas destinadas a proporcionar apoio ás mulleres vítimas de violencias sexuais, co obxectivo de contribuír á súa autonomía económica e recuperación.

  • Bolsas Turespaña para a realización de prácticas profesionais

    Plano nunha guía de viaxes.

    Inscricións:

    Ata o 14/09/2026

    O Instituto de Turismo de España convoca bolsas para a realización de actividades ou prácticas formativas na rede de Consellerías de Turismo no exterior dependentes do Instituto ou nos servizos centrais do mesmo.

  • Axudas ao estudantado refuxiado ou solicitante de protección internacional "Abriga UDC"

    paraugas de cores

    Inscricións:

    Ata o 31/10/2026

    A Universidade da Coruña convoca o programa "Abriga UDC", bolsas de apoio ao estudantado matriculado ou que dexese matricularse na UDC e que, estando en posición do status de persoa refuxiada ou de solicitude de asilo ou que proveña de áreas xeográficas en conflito, ou países que sexan receptores de Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD), precise axudas para a continuidade ou o inicio de estudos.

  • Bolsa de investigación en materia de infancia, adolescencia e mocidade "GazteARTEan 2026"

    cartel da bolsa

    Inscricións:

    Ata o 05/10/2026

    O servizo de Mocidade do Concello de Irun, GazteARTEan, presenta a oitava edición da Bolsa GazteARTEan, unha iniciativa que ten como obxectivo apoiar o desenvolvemento dun proxecto de investigación-acción que teña como temática central a infancia, a adolescencia e/ou a mocidade, ademais de impulsar e estimular o traballo investigador entre a cidadanía nova menor de 35 anos.

  • Axudas da USC para o estudantado gañador das Olimpíadas Científicas

    podio con tres copas

    Inscricións:

    Ata o 13/10/2026

    A Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa finalidade de valorar e apoiar o traballo realizado do estudantado que se incorpora a esta institución dende os estudos de ensino secundario, estableceu estas axudas para as persoas matriculadas clasificadas nas Olimpíadas de Matemáticas, Física, Química, Bioloxía, Xeoloxía, Economía, Informática, Xeografía, Estatística e Filosofía.

  • Bolsas de colaboración no programa Colmea de Ideas da Universidade de Vigo para o desenvolvemento dos traballos de fin de estudos no curso 2026/27

    colmea de 2 abellas feitas de calceta

    Inscricións:

    Dende o 22/06/2026 ata o 15/09/2026

    A Universidade de Vigo convoca axudas para estadías en entidades vinculadas ao “Programa Colmea de Ideas" para o desenvolvemento de TFG e TFM no curso 2026/2027.

resultados 38

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión