Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Lingua de Namorar 2026

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Xuventude, convocan #LinguaDeNamorar, un concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido á mocidade.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Hasta el 16/03/2026

Requisitos:

  • Lingua de namorar é un concurso dirixido a toda a mocidade con idades comprendidas entre os 14 e os 35 anos. Establécense tres categorías de idade:
    • Categoría A: de 14 a 19 anos
    • Categoría B: de 20 a 35 anos
    • Categoría C (exclusiva para Instagram): de 14 a 35 anos
  • Cada participante poderá enviar ata un máximo de 2 mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres no caso das categorías A e B, e 200 caracteres na categoría C (de Instagram), incluídos os espazos en branco.
  • As mensaxes deberán estar escritas en lingua galega e poderanse redactar en prosa ou en verso.
  • Todas as mensaxes deberán ser inéditas. A organización do concurso desbotará aquelas mensaxes de carácter discriminatorio ou ofensivo. 

Remuneración / Dotación:

Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade A e B:

  • 1º premio: Lenovo Tab 11´´ con lapis
  • 2º premio: Libro electrónico Kobo Clara
  • 3º premio: Cascos JBL sen fíos 

Establécese un único premio pola categoría C:

  • Lenovo Tab 11´´ con lapis

Página web:

https://xuventude.xunta.gal/linguadenamorar

Contacto:

Dirección Xeral de Xuventude

Edificio de Emprego, baixo - Complexo Administrativo de  San Lázaro (15707 - Santiago de Compostela)

correo-e: xuventude@xunta.es

Procedemento de participación:

  • No caso das categorías A e B: para poder enviar as mensaxes cumprirá rexistrarse na web do concurso https://xuventude.xunta.gal/linguadenamorar cubrindo e enviando o formulario de inscrición. Todas as mensaxes serán publicadas na páxina do concurso e estarán identificadas polo título e mais polo número que se lles asigne.
  • No caso da categoría C (exclusiva para Instagram): cómpre ser seguidor/a de @xuventudegalicia e de @linguagalega. As mensaxes publicaranse directamente na imaxe habilitada para o concurso #LinguaDeNamorar no perfil @xuventudegalicia. No texto indicarase en primeiro lugar un cancelo que recolla o título e despois a mensaxe. Ao final da publicación, engadirase o cancelo #LinguaDeNamorar. Etiquetaranse tamén dúas amizades de IG

Procedemento de selección: a través de dúas fases, unha de votación do público e outra de selección por parte do xurado.

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión