Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Smart-Up Galicia: a túa idea emprendedora pode dar o salto

Evento organizado por AJE Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia, co obxectivo de impulsar o emprendemento xuvenil. A iniciativa está dirixida ao estudantado, promovendo o espírito emprendedor e a innovación mediante unha experiencia práctica na que as persoas participantes crearán, desenvolverán e presentarán proxectos emprendedores ante un xurado profesional e empresas do ecosistema galego.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

29/10/2026

Inscripciones:

Hasta el 30/09/2026

Requisitos:

  • Estudantes e ex-estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional e universidades galegas que teñan unha idea ou proxecto emprendedor.
  • A participación poderá ser:
    • De forma individual
    • En grupo de ata 5 participantes. No caso de ESO e Bacharelato e Formación Profesional, será imprescindible contar cun profesor ou titor. Cada centro educativo, universidade ou institución participante poderá presentar un máximo de 10 propostas.
  • As propostas deberán ser desenvolvidas polos propios participantes e deberán corresponder a unha idea ou proxecto emprendedor no que exista participación directa das persoas inscritas.
  • Inscrición

Remuneración / Dotación:

  • Establécense as seguintes categorías de participación para o premio Mellor Iniciativa Smart-Up, dirixido ás propostas presentadas como idea emprendedora:
    • ESO e Bacharelato.
    • Formación Profesional (FP).
    • Universidades.
  • Ademais, todas as propostas participantes, independentemente da categoría á que pertenzan, poderán optar aos seguintes premios (2000€ - 3000€):
    • Mellor Proxecto Smart-Up: recoñecerá a proposta que destaque polo seu maior grao de desenvolvemento, viabilidade e potencial de aplicación nun contexto real.
    • Accésit á Responsabilidade Social Empresarial (RSE): recoñecerá a proposta que destaque polo seu compromiso e impacto positivo no ámbito social, ambiental e/ou económico.
    • Accésit á Innovación: recoñecerá a proposta que destaque polo seu carácter innovador, diferenciador e pola incorporación de novas solucións ou enfoques.

Contacto:

Documentos:

Bases-Smart-Up-Galicia-2026.pdf_2063069239.pdf (398 KB)

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión