Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Probas de avaliación para a obtención do Certificado Galego de Competencias Dixitais (Comdix)

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca as probas de avaliación para a obtención do Certificado Galego de Competencias Dixitais (ComDix) na rede CeMIT, nos seus niveis iniciación e intermedio.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Prezo:

a matriculación nestas convocatorias estará exenta do pagamento de taxas.

Requisitos:

  • Ter un mínimo de 16 anos.
  • Inscrición na páxina web da Rede CeMIT. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a en https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

Páxina web:

cemit.xunta.gal

Contacto:

Aula CeMit Centro Cívico Eíris

R/ Terranova de Eirís, 7. 15009- A Coruña

Tel: 981 184 379

Publicación: DOG 01/09/2026

DATAS

NIVEL

PRAZO INSCRICIÓN

CONVOCATORIA

DATAS PROBAS

HORARIO

Intermedio

Do 2 ao 11 de setembro

Outubro

7, 8 e 9

10.00 horas

12.00 horas

16.30 horas

14, 15 e 16

10.00 horas

12.00 horas

16.30 horas

Iniciación

Do 26 de outubro ao 4 de novembro

Decembro

2, 3 e 4

10.00 horas

12.00 horas

16.30 horas

As probas realizaranse de maneira presencial nas aulas da Rede CeMIT. Os detalles de cada convocatoria, as aulas concretas en que se realizarán as probas, os horarios asignados a cada unha delas e o número de prazas ofertadas publicaranse na web da Rede CeMIT cunha antelación mínima dun mes respecto á data de inicio das probas.

ITINERARIO FORMATIVO

Co fin de facilitar a preparación das probas de certificación, ponse á disposición das persoas interesadas material formativo de apoio deseñado para proporcionar os coñecementos e competencias necesarias para afrontar as probas de cada nivel.

Nivel Iniciación:

  • • Empezamos! Que nivel de competencias teño? Introdución ao Marco galego de competencias dixitais.
  • • ComDix I: coñece a contorna dixital.
  • • ComDix II: ten a información dixital sempre á man: buscar, seleccionar e gardar.
  • • ComDix IV: participa na sociedade dixital.
  • • ComDix V: crea contidos dixitais.
  • • ComDix VI: atopa o benestar dixital.

Nivel Intermedio:

  • • ComDix I: afondando na contorna dixital.
  • • ComDix II: aplicando estratexias de busca, verificación e organización da información.
  • • ComDix III: comunicación e colaboración efectiva en contornos dixitais.
  • • ComDix IV: cidadanía dixital: afondando na administración electrónica.
  • • ComDix V: crea, actualiza e mellora contidos dixitais.
  • • ComDix VI: promovendo a seguridade, o benestar e a inclusión dixital.

O acceso a estes contidos pode realizarse en calquera momento e estarán dispoñibles permanentemente na plataforma de teleformación https://formacion-cemit.xunta.gal. O acceso voluntario aos contidos non é un requisito para matricularse nas probas.

Información específica Aula CeMIT da Coruña das probas para a obtención do ComDix- Intermedio- edición outubro 2026

Datos principais da convocatoria:

  •  Inicio do prazo de inscricións:  mércores, 02 de setembro, ás 00:01 horas
  • Remate do prazo de inscricións:  venres, 11 de setembro, ás 23:59 horas
  • Onde inscribirse:  na web do CeMIT (https:\\cemit.xunta.gal)
  • Soamente unha inscrición por persoa participante: unha única localidade, día u hora.
  • Antes do remate do prazo de inscrición é recomendable que as persoas participantes comproben que figura correctamente rexistrada a súa inscrición na dirección electrónica  https://aulascemit.xunta.es/usuarios, así como os seus datos persoais, que serán os que figuren na certificación de competencias dixitais que se obteña e que emitirá a Amtega.
  • Unha vez rematado o prazo: A partir do 14 de setembro se realizará o sorteo para seleccionar a orde provisional das persoas con dereito a realizar a proba (terán preferencia aquelas que teñan realizado o curso de competencias dixitais intermedias convocado pola Amtega), a publicación na web da listaxe provisional e a comunicación por correo electrónico as persoas participantes da súa situación (admisión provisional, excluído, reserva ...)
  • Unha vez publicada a listaxe provisional: prazo de 10 días para renuncias e chamamento de reservas para cubrir as prazas das persoas que comuniquen a non asistencia.

 DATAS REALIZACIÓN PROBAS NA AULA CEMIT DA CORUÑA (EIRÍS):

  • XOVES 8 DE OUTUBRO
    • 16:30-18:30
  • MÉRCORES 14 DE OUTUBRO
    • 10:00-12:00
    • 12:00-14:00
  • XOVES 15 DE OUTUBRO
    • 10:00-12:00
    • 12:00-14:00
    • 16:30-18:30

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión