Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Probas para desempeñar funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada
Convócanse para o ano 2026 as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, tanto na súa modalidade de mercadorías como na de persoas viaxeiras, que terán lugar en Galicia.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
4 convocatorias co seu propio período de matrícula.
Requisitos:
Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos de formación no momento de presentar a solicitude:
Título de bacharel ou equivalente.
Título de técnico, acreditativo de ter superado as ensinanzas dunha formación profesional de grao medio, sexa cal for a profesión a que se encontre referido.
Título de técnico superior, acreditativo de ter superado as ensinanzas dunha formación profesional de grao superior, sexa cal for a profesión a que se encontre referido.
Calquera título acreditativo de ter superado unhas ensinanzas universitarias de grao ou posgrao.
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento IF312A
No ano 2026, as persoas interesadas dispoñerán de ata catro chamamentos para a realización do correspondente exame. Os exercicios terán lugar nos períodos comprendidos entre:
Primeiro período: entre o 23 de febreiro e o 31 de marzo de 2026, para aqueles aspirantes que soliciten realizar o exame entre o 14 de novembro de 2025 e o 21 de xaneiro de 2026.
Segundo período: entre o 18 de maio e o 30 de xuño de 2026, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o 22 de xaneiro e o de 15 de abril de 2026.
Terceiro período: entre o 31 de agosto e o 30 de setembro de 2026, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día 16 de abril e o 13 de xullo de 2026.
Cuarto período: entre o 10 de novembro e o 18 de decembro de 2026, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día 14 de xullo e o 9 de outubro de 2026.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible