Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Técnico Superior en Fotografía Artística

Nivel de estudos
Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño. Ciclo Superior (GRAO SUPERIOR)
Duración
1.950 horas.
Información xeral

Centros onde se imparte:

  • Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Failde
Requisitos
Acceso directo:
  • Títulados de técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexen cursar ou título declarado equivalente.
  • Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental.
  • Título superior de artes plásticas e título superior de deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
  • Título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades.
  • Licenciatura en belas artes. Arquitectura. Enxeñería técnica en deseño industrial.
  • Quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, 1 ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder.

Acceso mediante proba específica:

  • Para as persoas que posúan o título de Bacharelato, ou título declarado equivalente.

Acceso mediante proba de madureza + proba específica

  • Para o alumnado que non reúna os requisitos académicos (a persoa que non dispoña do título de bacharel, ou equivalente, que deberá ter cumpridos os 19 anos)

*A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, pola proba a ciclos formativos de grao superior de FP ou pola proba de madureza de grao superior de ensinanzas deportivas.

Perfil profesional

Ámbito: Crear e interpretar sucesos estéticos orientados, con carácter xenérico, cara á actividade fotográfica relacionada coa publicidade, o deseño, a moda, a reportaxe social, a industria, a ciencia, o mundo editorial, o fotoxornalismo e a arte.

Sectores: Profesional autónomo, dentro dalgunha das áreas de actuación nas que se divide a fotografía profesional, integrándose como fotógrafo de empresas naquelas que polo seu funcionamento así o precisen (hospitais, industrias, editoriais, xornais, etc.), realizando proxectos propios como actividade artística libre, interpretando conceptos doutra persoa (director artístico ou deseñador) a través de bosquexos, maquetas ou ideas e, igualmente, poderá exerce-la súa actividade en empresas e talleres, xa sexan públicos ou xa privados, relacionados co campo profesional da fotografía.

Plano de estudos


Horas totais

Denominación dos módulos

1º,2º e 3º trimestre

130

Técnica fotográfica

285

Fotografía artística

130

Medios informáticos: fotografía artística

95

Teoría da imaxe

65

Horas de libre disposición

4º, 5º e 6º trimestre

240

Medios audiovisuais

150

Proxecto integrado: fotografía

240

Fotografía artística

65

Formación e orientación laboral

190

Proxecto final

105

Formación práctica en estudios, empresas ou talleres

Observacións
Acceso a outros estudos: Estudos universitarios de grao
Máis información
Normativa Legal
  • Ensinanzas Mínimas: R.D. 1456/1995 de 1 de setembro (BOE: 06/10/95)
  • D 84/2002, do 14 de febreiro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño de fotografía artística(DOG: 26/03/02)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión