Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Quedaches con algunha dúbida? Ponte en contacto connosco se necesitas ampliar a información.

Como empezo a buscar traballo?

O primeiro que deberías facer é inscribirche como persoa demandante de emprego (apuntarse ao paro) no Servizo Publico de Emprego de Galicia. Deste xeito, poderás acceder aos servizos que ofrecen (orientación, formación, intermediación...)

Se és unha persoa de entre 16 e 29 anos, podes inscribirche no Plan de Garantía Xuvenil.

Que son as oficinas de emprego (“oficinas do paro”)?

Son as oficinas habilitadas para facer todos os trámites relacionados co emprego. Pero, ollo, porque nelas "conviven" dúas administracións con funcións diferentes:

  • Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG), que xestiona a alta como persoa demandante de emprego ("apuntarse ao paro") e proporciona orientación e intermediación laboral e formación para o emprego (os "cursos do paro").
  • e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), que é onde terás que solicitar a túa prestación por desemprego (o paro) e outras prestacións.

Que é o INEM? (spoiler: o INEM xa non existe)

Foi sustituido polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) no ano 2003.

Se estou a traballar podo apuntarme ao paro?

Sí. Para iso está a tarxeta de "mellora de emprego". Tes que solicitala no Servizo Publico de Emprego de Galicia, e así poderás acceder a ofertas de emprego, orientación laboral e formación para o emprego.

Que é a orientación laboral?

A través da orientación laboral recibirás asesoramento para facer ben a túa procura de emprego: como facelo, revisión do teu currículo, as posibilidades de inserción laboral e de mellora da túa cualificación profesional... Solicita sempre orientación laboral.

Onde podo atopar orientación laboral?

Tes varias opcións:

Hai formación gratuíta para persoas traballadoras?

Sí. Hai dous tipos:

  • formación programada polas propias empresas para os seus traballadores.
  • e formación que ofrecen as Administracións Públicas competentes. Tes un buscador de cursos na web da Fundación Estatal para la Formación en el Empleo: https://www.fundae.es/

Debo poñer no meu CV que son persoa beneficiaria de Garantía Xuvenil?

Á hora de realizar un Currículum vén ben engadir que és beneficiaria deste programa, posto que as empresas ao contratar a unha persoa inscrita poden recibir subvencións, o que pode facilitar a túa procura de traballo.

Como podo acreditar que son persoa beneficiaria de Garantía Xuvenil?

Entra na túa zona persoal da plataforma e poderás descargar un pdf. que acredita que es persoa beneficiaria de Garantía Xuvenil.

Teño un contrato a tempo parcial ou temporal, podo inscribirme en Garantía Xuvenil?

Non.

Os certificados son títulos de Formación Profesional?

Non. Un certificado de profesionalidade é unha acreditación laboral. Un título de formación profesional é unha titulación académica.

Se teño un certificado de profesionalidade e quero estudar un Ciclo de Formación Profesional podería convalidar algún módulo?

Sí, se en ese ciclo tes unha ou varias unidades de competencia iguais ás do certificado, poderás solicitar a súa convalidación.

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión