Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Agenda de actividades de MUNCYT A Coruña

O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de abril de 2024, elaborada arredor da colección do museo e en relación coas diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/04/2024 ata o 30/04/2024

Horario:

  • Martes a venres: das 10.00 ás 17.00 h
  • Sábados: das 11.00 ás 19.00 h
  • Domingos e festivos: das 11.00 ás 15.00 h

Pechado: todos os luns

Prezo:

gratis

Páxina web:

www.muncyt.es

Contacto:

MUNCYT

Praza do Museo Nacional, 1. 15011 A Coruña

Tel.: 689 578 727

Correo electrónico: reservascor@muncyt.es | infomueso@muncyt.es

www.instagram.com/muncyt

www.facebook.com/muncyt

twitter.com/muncyt

Documentos:

Agenda abril.pdf (650 KB)

CHARLA: CORBI CITIZEN SCIENCE: PROTEXER A SAÚDE FRONTE ÁS PSEUDOTERAPIAS

Mércores 17 ás 19.30 h. Público xeral. Entrada libre ata completar a capacidade

Rosa Arroyo falará de prácticas con pretendida finalidade sanitaria que non cumpren ese precepto e poden ser unha ameaza para a saúde polo risco de abandono de tratamentos que si demostraron efectividade, un prexuízo económico, e impacto negativo na esfera psíquica, familiar e social das persoas pacientes. Oftalmóloga do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF), vicepresidenta segunda do Consello Xeral de Colexios Oficiais Médicos (CGCOM) e coordinadora do seu Observatorio contra pseudociencias, pseudoterapias, intrusismo e seitas sanitarias, é licenciada en Medicina pola Universidade Complutense de Madrid e doutora en Ciencias da Saúde pola Universidade da Coruña.

CHARLA: O CEREBRO E O LABIRINTO DA EPILEPSIA

Xoves 18 ás 19.00 h. Público xeral. Entrada libre ata completar a capacidade

Impartida por Casto Rivadulla, catedrático de Fisioloxía na Universidade da Coruña e coordinador do grupo de Neurociencia e Control Motor (NEUROcom). As epilepsias son patoloxías complexas, con enormes custos sanitarios, que afectan a unhas 400.000 persoas en España, das que aproximadamente o 30% non responde aos fármacos. O termo epilepsia engloba unha gran diversidade de patoloxías con diferentes orixes (xenética, traumatismo, malformación do sistema nervioso etc.) e, nalgúns casos, implica un importante estigma. A charla fará unha aproximación ao que sucede no cerebro nunha crise ou os últimos tratamentos en ensaio. Enmarcada no ciclo de conferencias "Os labirintos do cerebro".

TALLER: A PROXECCIÓN SONORA III

Sábado de abril e maio. Actividade con reserva previa. Consultar os requisitos de participación

O museo colabora coa terceira edición do proxecto didáctico, cuxo obxectivo é achegar a música contemporánea e experimental, a persoas con discapacidade auditiva e intelectual con interese na música. A proposta será executada polo músico Wilson Ortega e a actriz Chus Álvarez. Nesta edición, a proposta estará dedicada ao compositor Luigi Nono, xa que en 2024 celébrase o centenario do seu nacemento. A partir da súa obra "A fabbrica illuminata", proponse un traballo a través da expresión e percusión corporais, ao que se suma un traballo coa voz e buscar sons a partir dalgúns dos obxectos que se poderían utilizar nunha fábrica. A posta en escena levarase a cabo no marco do Festival RESIS.

VISITA: CURTOCIRCUÍTOS

Sábados e domingos ás 12.30 ou 17.00 h, segundo o horario de apertura. Público xeral, reserva previa ou no despacho de billetes.

Visitas ás pezas de gran tamaño da sala Mayúsculas, a cámara de tesouros do museo, o traballo de inventores, a cabina do Boeing que trasladou o Guernica de Picasso ou os 100 obxectos da Sala S. XX.

EXPOSICIÓNS. OS LABIRINTOS DO CEREBRO

Os labirintos sempre fascinaron e cativaron a humanidade: desde os seus inicios como protagonistas de lendas, mitos, como símbolo relixioso, como elemento ornamental e divertimento para as clases nobres ou como reto matemático. A partir do S. XX pasan a ser un pasatempo popular e a usarse como ferramenta para o estudo do funcionamento do cerebro, e empréganse actualmente para a investigación en neurociencia, ou para o diagnóstico de trastornos mentais ou como terapia para o seu tratamento e rehabilitación. Esta mostra temporal profunda no ámbito da investigación neurocientífica e o funcionamento do cerebro aproveitando o atractivo e a interactividade dos labirintos para presentar, dun modo práctico, accesible e ameno, unha disciplina tan apegada a nosa propia existencia. Mostra comisariada por Francisco Javier Cudeiro Mazaira, catedrático de Fisioloxía na Universidade da Coruña e director do Centro de Estimulación Cerebral de Galicia. Data de fin: domingo 30/06/2024.

FINS DE SEMANA NO MUSEO

Os sábados e domingos o público infantil e familiar ten unha cita no museo. Este mes, as actividades tratarán sobre os temas de conmemoracións como o Día Mundial da Saúde, que lembra a importancia do dereito á saúde, o dos Voos Espaciais Tripulados, pola data do primeiro voo realizado por Yuri Gagarin ou o do ADN, polo descubrimento da estrutura de dobre hélice para achegar a xenética e a molécula da vida a todo o mundo. Actividades con reserva previa ou en despacho de billetes.

  • TALLERES INFANTÍS. Sábados e domingos ás 11.15 h. Público infantil (6-12 anos). Cos talleres "Hai química!" (días 6-7, 20-21) as persoas participantes coñecerán a importancia das vitaminas e pH cos nosos experimentos; tamén lles mostraremos a importancia dunha boa hixiene a través a elaboración de bombas de baño. Nos talleres "Únete á forza!" (días 13-14) descubrirán que é a astronomía e elaborarán manualidades para poñer en práctica os seus coñecementos. Nos talleres de ADN (días 27-28), extraerán ADN de froitas, poderán observalo en microscopio e elaborar pulseiras co fragmento de ADN de distintos organismos.
  • XINCANAS FAMILIARES. Sábados e domingos. Público familiar (6-12 anos). Os sábados ás 13.15 e 18.00 h, enfrontádevos en equipo á nosa "Viaxe espacial polo museo": xincana na que as/os participantes deberán seguir pistas arredor da información e curiosidades sobre viaxes espaciais e astronomía presentes nas pezas da exposición. E os domingos ás 13.15 h, coa xincana "Auga e xabón... a solución!" poderedes aprender enxeñosos inventos e curiosidades relacionados coa saúde e a hixiene a través da nosa colección.
  • VISITAS FAMILIARES. Sábados e domingos ás 12.30 ou 17.00 h, segundo horario de apertura. Público familiar (idade recomendada, a partir de 6 anos). Visita guiada seguindo o fío condutor de grandes inventos e descubrimentos que o museo mostra na súa exposición permanente. A visita compleméntase cunha actividade experimental e un xogo de pistas.
  • XOGO DE ESCAPE. Sábados ás 16.00 h. Público familiar (6-12 anos). A sala de xogos encherase de misterio, pois teredes que resolver en equipo o roubo dunha peza do museo superando distintos retos.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión