Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Axudas e indemnizacións para mulleres vítimas de violencia de xénero

A Consellería de Política Social e Igualdade ten convocadas as axudas que teñen como finalidade proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero e indemnizacións para facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede no territorio galego.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Hasta el 27/11/2026

Requisitos:

  • Axudas
    • a) Ser muller vítima de violencia de xénero.
    • b) Non convivir co agresor.
    • c) Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Galicia. No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.
    • d) Ter especiais dificultades para obter un emprego, que se acreditará a través do Informe do Servizo Público de Emprego.
    • e) Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75 % do salario mínimo interprofesional vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
    • f) Esta axuda poderá percibirse en máis dunha ocasión cando a vítima sufrise violencias diferenciadas acreditadas de forma separada.
  • Indemnizacións: 
    • a) Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Galicia. No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia.
    • b) Ter dereito á percepción dunha indemnización, por danos e perdas derivados dunha situación de violencia de xénero, recoñecida nunha resolución xudicial firme ditada por un xulgado ou tribunal con sede na Galicia.
    • c) Que exista constatación xudicial do incumprimento do deber de satisfacer a indemnización por insolvencia do obrigado ao pagamento.
    • d) Que a persoa beneficiaria se atope nunha situación de precariedade económica como consecuencia da falta de pagamento da indemnización xudicialmente recoñecida.
    • e) Non convivir co agresor.

Remuneración / Dotación:

  • Axudas: será, con carácter xeral, equivalente ao de 6 meses do subsidio por desemprego vixente.
  • Axudas de indemnización: será a fixada pola resolución xudicial correspondente que quede pendente de pagamento tras a declaración de insolvencia do obrigado a esta, excluídos os xuros de mora, até un máximo de 6.000€, excluídos os xuros de mora, por cada persoa beneficiaria.

Página web:

igualdade.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Política Social e Igualdade

Unidade Administrativa de Igualdade da Coruña

tel: 881 881 091/ 881 881 092

e-correo: vx.igualdade@xunta.gal 

Publicación: DOG 26/01/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento SI434B

As axudas convocadas fan referencia ás seguintes modalidades:

  1. Axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, comprende as axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego.
  2. Axuda de indemnización establecida no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, comprende as axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou as e os menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacelas.

No Pierdas

No Pierdas

Inscripción en Actividades

Proceso de inscripción en las actividades. Después de haber cubierto y enviado un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Cómo inscribirme en una actividad

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión