De Guillaume Doin e Yves Simard
Para público en xeral
Dende o 05/04/2024 ata o 06/04/2024
Xa rematou
20.30 h
50 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
18,00 €; 14,00 €; 11,00 €; 8,50 € (Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)
*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.
Ao regresar despois dunha ausencia prolongada, un home enfróntase a unha herdanza familiar na que non se recoñece. Non sabemos quen é nin de onde vén. Debe reconectarse coa súa identidade. Unha vella bicicleta empúxao a emprender o camiño cara ás súas orixes. Sobre dúas rodas o home medirá o ritmo da vida e emprenderá a procura dun novo comezo.
Neste universo cheo de realismo máxico e maxia patentada, a bicicleta é máis que un obxecto. É un elemento fundamental da vida co que debemos avanzar para non perder o equilibrio.
Con Guillaume Doin
Dirección e guión: Yves Simard
Produción de DynamO Théàtre (Quebec-Canadá)
Venda de entradas
Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h
* Programación para persoas adultas. Idade recomendada a partir de 14 anos
* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
Dende o 03/05/2024 ata o 17/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible