Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Ciclo Principal: A lingua das bolboretas

De Manuel Rivas, versión de Fernando Dacosta e Gonçalo Guerreiro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 02/12/2022 ata o 03/12/2022

Horario:

20.30 h

Duración:

70 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)

*Todo o que acceda ao recinto debe facelo con entrada, independentemente da idade que teña

A través da entrañable relación que manteñen o mestre don Gregorio e o neno Pardal, vaise descubrindo a historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.

Volver a Rivas é para Sarabela volver a un dos seus autores "fetiche". É, dalgún xeito, volver á casa.

Dende a chegada ao novo milenio, será esta a cuarta colaboración da compañía co autor: O lapis do carpinteiro (2000), O heroe (2005) e Os libros arden mal (2007) - esta última foi unha lectura dramatizada- foron as anteriores. Se con O heroe se celebraron os 25 anos da compañía, con A lingua das bolboretas celébrase o 40 aniversario de Sarabela.

Conxugamos as historias de dous dos escritos de Manuel Rivas (A lingua das bolboretas e A traxectoria do balón) con ese equipo e co propósito de que a mensaxe chegue nidia ao tempo que se xoga coas imaxes e coa poética que nos leva a un espectáculo punteiro dentro da nosa historia escénica. O resultado emocionou o autor o día da estrea.

"Eu quería moito a aquel mestre", confesa Moncho. "Ao principio, os meus pais non podían crelo. Quero dicir que non podían entender como eu quería ao meu mestre. Cando era un picariño, a escola era unha ameaza terrible. Unha palabra que cimbraba no aire como unha vara de vimbio: Xa verás cando vaias á escola!".

Con: Elena Seijo, Josito Porto / César Goldi, Fernando Dacosta, Fran Lareu, Sabela Gago, Fina Calleja

Dirección: Gonçalo Guerreiro

Deseño de escenografía e espazo sonoro: Gonçalo Guerreiro

Deseño de iluminación: Baltasar Patiño

Deseño de vestiario: Tegra e Lele (Merchipilonchi)

Fotografía: Ovidio Aldegunde

Filmación e DVD: Alba V. Carpentier

Sarabela Teatro

*Venda de entradas soltas a partires do 8 de setembro

- Despacho de Billetes da Praza de Ourense: de luns a venres de 11 a 15 e de 16.30 a 19.30 h

- Despacho de Billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a20 h

- Venda en liña: Ataquilla.com

* Programación para adultos, idade recomendada a partir de 14 anos

* Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión