Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Ciclo Principal: Decadencia

De Steven Berkoff

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 14/10/2022 ata o 15/10/2022

Horario:

20.30 h

Duración:

75 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

25'00, 20'00, 15'00, 10'00 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)

*Todo o que acceda ao recinto debe facelo con entrada, independentemente da idade que teña

Decadencia é unha obra cáustica, provocadora, que persegue o público, que o acurrala e a miúdo o obriga a rir por non chorar. Os seus protagonistas, dúas parellas formadas por tres aristócratas e un vividor que aspira a sacar proveito das súas debilidades, son clasistas e racistas, frívolos e desalmados; son hipócritas, banais e egoístas; actúan como depredadores; non teñen principios nin límites, aínda que si medo a que os miserables a quen desprezan se xunten e os ataquen; o seu humor é sarcasmo, a súa ironía é rabia; son grotescos pero perigosos e, antes que nada, son infelices, están baleiros aínda que non lles falte de nada, e nin os seus luxos nin a súa luxuria os enchen: a ninguén lle amarga un doce, excepto a eles. Non cren no amor e cando forman parellas non o fan porque se queiran, senón porque se necesitan no mal sentido da palabra; non se seducen, cázanse; non se dan, póñense prezo; non se entregan, véndense, transforman os seus corpos nunha mercadoría e só chegan ao pracer a través da dor, o abuso e a humillación. E á hora de vingar unha infidelidade, non descartan nin desplumar o traidor ni cometer un crime... Steven Berkhoff é un mago do humor negro e esta obra un espello e unha radiografía: no primeiro, vese o que as nosas sociedades ocultan de portas para dentro; na segunda, as enfermidades morais que padecemos.

Con: Maru Valdivielso, Pedro Casablanc

Dirección: Pedro Casablanc

Adaptación: Benjamín Prado

Deseño de vestiario: Antonio Belart

Deseño de espazo sonoro: Irene Maquieira

Deseño de iluminación: Juanjo Lloréns

Deseño de escenografía: Sebastià Brosa/Silvia De Marta

Dirección de produción: Ana Guarnizo

Fotografía e imaxe: Sergio Parra

Produción executiva: Mónica Regueiro/Carles Roca

Producciones off e Vania Producciones

*Venda de entradas soltas a partires do 8 de setembro

- Despacho de Billetes da Praza de Ourense: de luns a venres de 11 a 15 e de 16.30 a 19.30 h

- Despacho de Billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a20 h

- Venda en liña: Ataquilla.com

* Programación para adultos, idade recomendada a partir de 14 anos

* Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión