O primeiro club de lectura en galego das Bibliotecas Municipais da Coruña
Persoas adultas
Dende o 17/01/2022 ata o 23/05/2022
Quincenal
Xa rematou
Dende o 10/01/2022 ata o 17/01/2022
Require inscrición, prazas limitadas. Estamos tendo problemas coa ligazón para a inscrición a través da web. Se estás interesada podes chamar ao teléfono 981 184 298 ou escribirnos ao correo a bforum@coruna.gal. Anímate a participar!
De 19.00 h a 20.00 h
1 hora
20
bforum@coruna.gal
Tel.: 981 184 298
Na Biblioteca do Fórum queremos darlle espazo a un novo club de lectura que terá a particularidade de que as lecturas serán en lingua galega. É un xeito de compartir e partillar obras producidas ou traducidas ao galego. Unha porta aberta a calquera persoa adulta que teña inquedanza polas lecturas e polas conversas sobre elas.
Os clubs de lectura presenciais son grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora.
Non tes que ser un/unha experto/a lector/a: os clubs están pensados para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
O grupo reúnese os luns, cada quince días, ás 19:00 h na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano da Coruña.
Primeiro prazo de inscrición: alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (bacharelato): até 10 de xuño de 2024.
Segundo prazo de inscrición: alumnado que cumpre co requisito de titulación: até 21 de xuño de 2024.
Dende o 30/04/2024 ata o 13/09/2024
Ata o 08/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible