Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Concurso #VersionaThyssen XIX

A Fundación Colección Thyssen-Bornemisza, coa colaboración da Consellería de Cultura, Turismo e Deportes da Comunidad de Madrid, convoca un concurso dirixido a mozos creadores co obxecto de que estes reinterpreten libremente obras pertencentes á Colección Permanente do Museo Nacional Thyssen Bornemisza.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 05/05/2024

Requisitos:

  • Poderán participar cos seus traballos acodes de 16 a 35 anos, de calquera nacionalidade e desde calquera país, sen maior requisito que a achega dunha obra propia, garantindo que non vulnera dereitos de terceiros e sobre a que dispón de todos os dereitos para a súa cesión
  • Admitiranse traballos realizados por máis dunha persoa (conxuntos ou colectivos artísticos), nese caso o premio será compartido entre os membros dese grupo.
  • O premio especial Prior Art Space presenta dúas limitacións: só poderán optar a el persoas de 18 a 35 anos e/ou conxuntos de artistas dun máximo de 2 persoas
  • Permítese a presentación de máis dunha obra por artista. As obras versionarán as distintas obras recollidas no Anexo I das bases.
  • A obra presentada deberá realizarse mediante unha das seguintes técnicas: - Ilustración - Pintura - Fotografa - Deseño gráfico - Street art - 3D - Animación - Colaxe - Outras disciplinas artísticas (performance, danza, etc.) susceptibles de ser plasmadas en formato dixital.
  • As persoas menores de 18 anos poderán participar con autorización asinada polos seus pais ou titor legal para ese efecto.
  • A participación farase mediante a publicación da obra a través dun perfil de Instagram público.

Remuneración / Custo:

  • 3 primeiros premios: entrega dun Cartón VersionaThyssen + 1.000 €
  • 3 segundos premioss: entrega dun Cartón VersionaThyssen + 500 €
  • Premio especial PRIOR ART SPACE: invitación a unha residencia artística de entre 1 e 3 meses.
  • 3 Premios UNIQLO a novos artistas: vale por valor de 500 € a utilizar en tendas UNIQLO
  • 4 Premios especiais dos Amigos Novos: entrega dun Cartón VersionaThyssen

Páxina web:

www.museothyssen.org

Contacto:

Fundación Colección Thyssen-Bornemisza.

Paseo do Prado, 8 (28014 - Madrid)

Tel.: 917 911 370

correo-e: versiona@museothyssen.org

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión