A Fundación María José Jove convoca a IV edición do Premio de Investigación e Ensaio sobre Aplicacións Terapéuticas da arte, dirixida a fomentar o pensamento contemporáneo e a súa confluencia interdisciplinar en relación á arte e a saúde.
Para público en xeral
Dende o 19/02/2024 ata o 26/07/2024
Poden obtar ao premio todas as persoas maiores de idade. Cada artista deberá presentar unha monografía, en idioma español, sobre un tema relacionado coa arte no medio clínico, como instrumento de traballo no ámbito terapéutico, como vehículo de canalización expresiva ou como ferramenta "curativa".
A análise poderá abordar diferentes disciplinas: artística, filosófica, sociolóxica, psicolóxica, educativa, psicoterapéutica, antropolóxica, etc.,
As obras terán unha extensión mínima de 100 e máxima de 150 folios numerados, axustándose á guía de estilo proposta.
Un premio de 6.000 euros así como a publicación e distribución do ensaio gañador.
Fundación María José Jove
Rúa Galileo Galilei, 6
15008- A Coruña
Tel.:981 16 02 65
correo-e: info@fundacionmariajosejove.org
Os días 30/05/2024 ás 19:00 , 13/06/2024 ás 19:00
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible