Un espectáculo cómico para público infantil para lle transmitir a lingua galega, porque con ela pódense saborear as lambetadas máis doces e variadas.
Para público en xeral
22/05/2021
Xa rematou
18.30 h
* Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que comece a función.
45 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
6,00 € (abono 3, 3 entradas para a mesma función: 15,00 €) (menores de 3 anos: 2,00 €)
(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)
IMCE
Espectáculo familiar, recomendado a partir de 6 anos.
Unha lambetada é un doce, algo saboroso, que se come por gusto.
Pero tamén é a acción de pasar a lingua buscando un efecto agradable.
Partindo da dobre acepción da palabra elaboraremos un doce e gorentoso espectáculo teatral, pasando a lingua amodiño, con deleite, sobre unhas historias que nos deixarán un doce sorriso nos beizos.
Mediante o xogo escénico e o humor, os dous protagonistas han pasar por diversas situacións cómicas e encarar múltiples personaxes con diferentes oficios de disciplinas; para acabar descubrindo que a identidade está na propia lingua, porque con ela pódense saborear as lambetadas mais doces e variadas.
Compañía: Talía Teatro
Idioma: galego
Intérpretes: María Ordóñez e Diego Rey
Dirección: Santiago Cortegoso
Adaptación, escenografía e iluminación: Dani Trillo
VENDA DE LOCALIDADES
Dende o 20/05/2024 ata o 31/05/2024
ás 12:00h.
Dende o 24/05/2024
ata 3 días antes do inicio do campo.
Os días 30/05/2024 ás 19:00 , 13/06/2024 ás 19:00
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible