Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Nocturnia | edición primavera 2024

Nocturnia é un programa de ocio saudable para a xuventude organizado polo Servizo de Mocidade da Concellaría de Benestar Social do Concello da Coruña, que recibe financiamento do Ministerio de Sanidade a través do PNSD. Ofrece unha serie de actividades gratuítas para que a xente moza, de 12 a 30 anos, as teñades en conta á hora de planificardes as vosas fins de semana.

A quen vai dirixido:

Xuvenil, Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/04/2024 ata o 27/07/2024

con diferentes prazos de inscrición para cada actividade

Contacto:

Documentos:

Programa completo Nocturnia edición abril-xullo 2024 (397 KB)

PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA...

1. Bótalles un ollo a todas as actividades (ver PDF adxunto coa programación completa).

Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para persoas de 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro de cada tramo.

2. Se xa sabes a cal ir, inscríbete nos prazos marcados. As inscricións son semanais, ábrense os luns ás 16.00 h e péchanse os xoves ás 12.00 h, ou ao se esgotaren as prazas. Se as actividades son de continuidade só hai que inscribirse unha vez.

3. Para acceder ás actividades será obrigatorio cumprir a normativa sanitaria vixente, e aceptar as condicións de participación no programa que se porán en coñecemento de cada participante. 

4. Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises.

Todas aquelas inscricións que non leven os datos correctamente cubertos serán dadas de baixa nas actividades e seralle notificado á persoa en cuestión a través de correo electrónico no caso de que sexa posible.

Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna ( Autorización actividades Nocturnia ), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.

5. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com

Inscrición nas actividades dende o 29/04/2024 ás 16.00 h ata o 02/05/2024 ás 12.00 h ou ata esgotárense as prazas.

VENRES 3 DE MAIO 2024

Coñece a túa cidade dunha forma diferente: A Coruña desde os seus carrís-bici

  • Das 20.30 ás 23.00 h
  • Saída desde o EIX

Escalada en rocódromo: ven a escalar

  • AVISO IMPORTANTE: Corrección de horario, a actividade será das 20.00 ás 22.00 h
  • Rocódromo Municipal de Riazor

SÁBADO 4 DE MAIO 2024

Surf iniciación

  • Das 10.00 ás 12.00 h
  • Praia de Bastiagueiro

Obradoiro de boomwhakers e percusión corporal

  • Das 19.00 ás 21:00 h
  • Naves do Metrosidero

Iniciación ao Quidditch-Quadball

  • Das 17.00 ás 19.00 h
  • Parque de Eirís | zona cúpula

Ruta ambiental "Alto das Fragas do Eume": as fragas a vista de páxaro

  • Das 09.00 ás 19:00 h
  • Saída desde Fórum Metropolitano

E, por último, para as actividades que precisen algo específico (roupa cómoda ou deportiva, traxe de baño e gorro...) enviarémosche un correo electrónico ou un SMS indicándocho.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión