Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Nocturnia Outono 2022

Nocturnia é un programa de ocio saudable para a xuventude organizado polo servizo de Mocidade da concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña, que recibe financiación do Ministerio de Sanidade e Benestar Social. Ofrece unha serie de actividades gratuitas para que a xente moza, de 12 a 30 anos, as teñades en conta á hora de planificar as vosas fins de semana.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Novembro e decembro 2022, con diferentes prazos de inscrición para cada actividade

Contacto:

Documentos:

Nocturnia - folleto nov | dec 2022 (7 MB)

PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA...

1. Bótalles un ollo a todas as actividades (ver pdf adxunto coa programación completa).

Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para persoas de 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro de cada tramo.

2. Se xa sabes a cal ir, inscríbete nos prazos marcados. As inscricións son semanais, ábrense os luns ás 16.00 h e péchanse os xoves ás 12.00 h, ou ao esgotar as prazas. Se as actividades son de continuidade só hai que inscribirse unha vez.

3. Para acceder as actividades será obligatorio cumprir a normativa sanitaria vixente, o uso de mascarilla e aceptar as condicións de participación no programa que se porán en coñecemento de cada participante.

4. Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises.

Todas aquelas inscricións que non leven os datos correctamente cubertos serán dadas de baixa nas actividades e notificado á persoa en cuestión a través de correo electrónico no caso de que sexa posible.

Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna ( Autorización para menores actividades Nocturnia ), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.

5. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com

Inscrición nas actividades desde o 05/12/2022 ás 16.00 h. ata o 07/12/2022 ás 12.00 h., ou ata esgotar as prazas.

VENRES 9 DE DECEMBRO 2022:

Obradoiro de Lindy Hop

  • De 21:00 a 23:00 h.
  • Centro Ágora

Ilustración de paisaxes con plantillas de papel

  • De 21:00 a 23:30 h.
  • Centro Ágora

Achégate ao cabaresque

  • De 21:00 a 22:30 h.
  • Centro Ágora

Obradoiro de string art: a xeometría dos animais

  • De 21:00 a 23:00 h.
  • Centro Ágora

Onde hai patrón: obradoiro de gravado

  • De 21:00 a 23:00 h.
  • Centro Ágora

Taller de bordado sobre postais

  • De 21:00 a 23:00 h.   
  • Centro Ágora

SÁBADO 10 DE DECEMBRO 2022:

SUP - Paddle surf: iniciación e roteiro en táboas

  • De 11:00 a 13:00 h.
  • Marina Coruña

Xornadas de xogos e creación de historias

  • De 18:00 a 22:00 h.   
  • Espazo Xuvenil O Remanso

Escalada en rocódromo

  • De 20:00 a 22:00 h.   
  • Sala AMI Montañismo

Obradoiro de creación con madeira: gyotaku botánico

  • De 18:00 a 20:00 h.   
  • CCM Cidade Vella

Talleres de funkstyles

  • De 18:00 a 20:00 h.   
  • CCM Cidade Vella

Talleres de collage para viaxes

  • De 17:00 a 20:00 h.   
  • CCM Cidade Vella

E, por último, para as actividades que precisen algo específico (roupa cómoda ou deportiva, traxe de baño e gorro...) enviarémosche un correo electrónico ou un SMS indicándocho.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión