Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

TRC danza: El hijo

El hijo fala do vínculo cos proxenitores e un lugar, e o que se fai con iso. Entendérmonos como individuos independentes, pero enrededados profundamente nas raíces que nos acompañan. Un espectáculo de danza que nos leva ao primario, ao contexto, á familia e á natureza.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

25/11/2022

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

10'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%; familias numerosas, -25%)

Na obra altérnase un corpo de hoxe, móbil e consciente, frente a outros mundos, que non sendo accesibles á vista, aféctannos e guían os nosos camiños. A danza permite a celebración de estar vivos e ter unha historia, a experiencia de ser fillo e o seu entusiasmo.

Somos seres afectados de emoción, en contextos, de eventos na natureza.

Daniel Abreu é un creador cunha gran presenza na escena da danza actual no noso país e que conta cunha ampla traxectoria internacional. De orixe tinerfeño, ten colaborado con multitude de compañías tanto en España como en Europa. Funda a súa compañía no ano 2004 e dende entón ten presentando as súas creacións en máis de 40 países e é galardonado en numerosas ocasións -entre as que destaca o Premio Nacional de Danza en 2014-.

creación, iluminación e interpretación >> DANIEL ABREU  I  axudante de dirección >> JANET NOVÁS  I  acompañamento dramaturxia >> MARINA WAINER 

Venda de entradas

Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h

Venda en liña

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión