Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XX Premio Literario Jordi Sierra i Fabra Para Mocidade

A Fundació Jordi Sierra i Fabra, en colaboración con SM, convoca o Premio Literario Jordi Sierra i Fabra 2025 Para Mocidade co obxecto de estimular nos estudantes españois e latinoamericanos o pracer pola creación literaria e o amor pola palabra escrita, a través de obras que reflictan valores universais de paz, amor, concordia e respecto.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 05/09/2024

Requisitos:

  • Poderán optar ao premio todos os mozos menores de 18 anos que o desexen, sexa cal for a súa nacionalidade ou procedencia. Os menores de 14 anos deberán achegar autorización paterna para concursar.
  • As obras deben estar escritas en castelán, ser orixinais, inéditas e non premiadas anteriormente en ningún outro concurso ou presentadas a un premio por fallar nas mesmas datas.
  • Só se admite unha obra por cada autor/a. Admítense obras feitas en colaboración entre varias persoas, sempre que todas elas cumpran os requisitos establecidos nestas bases.
  • As obras serán de narrativa, temática libre, coa opción de optar por calquera formato ou xénero, novela única ou conxunto de relatos ou contos, categoría infantil ou xuvenil.
  • A extensión será dun mínimo de 50 páxinas e un máximo de 180, tamaño DIN A4 (210 x 297 mm) claramente mecanografiadas nun corpo 12 ou superior (Times, Verdana, Arial etc.), por unha soa cara, numeradas e que conteñan entre 30 e 35 liñas escritas por páxina. Non se aceptarán obras feitas a man nin con ilustracións agás que sexan mapas ou detalles necesarios para a comprensión do relato.
  • A obra deberá enviarse por correo-e, xunto co resto de documentación indicada nas bases a: fundacio.jsif@ibernet.com e sierraifabra@gmail.com

Remuneración / Dotación:

Premio de 1.500 € + edición e comercialización da obra gañadora por parte de SM

Páxina web:

http://sierraifabra.com

Contacto:

Fundació Jordi Sierra i Fabra

Tel.: 932 50 61 83

correo-e: fundacio@fundaciosierraifabra.org

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión