Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Dende o 14/04/2026 ata o 24/04/2026
No marco da iniciativa “15 días de bolboretas”, impulsada por Mundo Artrópodo e a Sociedad para la Conservación y el Estudio de las Mariposas en España (SOCEME), desenvolverase un amplo programa de charlas online en directo para achegarse ao mundo das bolboretas desde a casa, coñecendo aspectos clave como a súa identificación, ecoloxía, seguimento e conservación.
17/04/2026
A agrupación de tradicional do alumnado de Eduardo Baamonde actuará na aula Magna da Escola Municipal de Música da Coruña.
15/05/2026
O alumnado de piano clásico de Elena Umbría actuará na aula Magna da Escola Municipal de Música da Coruña.
Ata o 29/05/2026
ás 14:00h.
A Fundación Occident convoca as Bolsas de Grao Jesús Serra: 7 bolsas para alumnos e alumnas que queren ser os primeiros da súa familia en cursar estudos universitarios. 7 bolsas para alumnas que queren ser as primeiras da súa familia en titularse en graos STEM.
Dende o 20/04/2026 ata o 09/06/2026
Dende o 07/04/2026 ata o 14/04/2026
Convenio entre ou IES Rosalía Mera e Elinsa, S.L. para impartir unha formación dual modular para adquirir competencias profesionais para a montaxe de equipos eléctricos.
Ata o 20/04/2026
prazo ampliado.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, en colaboración co Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións de Xestión Universitaria (CIXUG), convocan a 9ª edición de Xuventude Mentoring, un programa integral de formación e mentoring promovido para apoiar e acompañar ás persoas mozas na súa transición á vida laboral tras rematar os seus estudos de grao, de formación profesional superior ou estudos superiores en ensinanzas de réxime especial.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible