Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Club de lectura da Gramela

Por tipo de actividade:

Clubs

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

03/10/2022

Os luns, con periodicidade quincenal.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/09/2022 ata o 03/10/2022

Require inscrición.

Horario:

19.00 a 20.30 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Hashtag:

#ClubDaGramela

Contacto:

bagora@coruna.es

981 189 886

Únete ao club de lectura da Gramela da Biblioteca Ágora!

Nas Bibliotecas Municipais non queremos deixar de compartir a nosa paixón pola lectura e por iso ofrecemos novas prazas para clubs de lectura. Se tes máis de 18 anos, se che gusta ler, falar e escoitar, apúntate ao Club da Gramela da Biblioteca Ágora e comparte con xente coma ti eses grandes praceres que proporciona a lectura.

Nós prestámosche os libros, ti les e, cada quince días, reunímonos na Biblioteca para intercambiar opinións. Agardámoste!!

Queres saber ...

  • Clubs de lectura

    En que consisten os clubs de lectura?

    Os clubs de lectura presenciais son grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora.

    Non tes que ser un/unha experto/a lector/a: os clubs están pensados para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.

    De luns a sábado, de mañá ou de tarde, seguro que hai un club para ti.

    Coñece os nosos clubs de lectura

    Clubs de lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña (ano 2022

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión