Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

O Pensatorio. Café filosófico grupo 3

Por tipo de actividade:

Clubs

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

13/10/2022

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/09/2022 ata o 30/06/2023

Require inscrición

Horario:

De 18.30 a 20.00 horas

Quincenal

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Contacto:

Iniciamos unha nova edición do noso café filosófico, a 8ª desta volta!

Do mesmo xeito que para estar ben fisicamente temos que poñer o chándal e facer exercicio, para estar en boa forma mental o ideal é exercitar activamente as nosas neuronas. Por iso, no noso café filosófico en lugar de running facemos thinking, e o método que empregamos é a imperecedeira Maiéutica Socrática, a arte do diálogo, ao alcance de todo aquel que simplemente teña curiosidade por saber o que non sabe.

De outubro a maio reunímonos cada quince días os mércores e os xoves ás 18:30 h. para debater en boa compañía sobre toda clase de temas dende unha perspectiva filósofica. Así que se queres pasar da teoría a práctica filosófica, inscríbete nos nosos grupos!

Queres saber ...

  • O Pensadoiro - Café filosófico

    En que consiste O Pensadoiro - Café filosófico?

    O Pensadoiro pretende ser un espazo de encontro para persoas ás que lles gusta dialogar e debater ideas do mundo que nos arrodea. Nel propoñémonos retomar a vertente práctica e comunitaria da filosofía, baseada no exercicio activo e en común da capacidade racional que todos temos.

    A partir de distintos materiais (textos filosóficos, literarios etc), que nos servirán de eixe temático, e ao longo dunha serie de sesións, iniciaremos un diálogo aberto que non necesariamente ten que conducirnos a respostas concluíntes e definitivas senón, máis ben, como corresponde á verdadeira actitude filosófica, a abrir novos interrogantes e descubrir puntos de vista alternativos aos nosos.

    Para participar non é necesario ter coñecementos previos de filosofía, tan só espírito crítico e ganas de cuestionarse as cousas.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión