Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Club de lectura xuvenil "La Tribu"

Por tipo de actividade:

Clubs

Por tipo de público:

Xuvenil

A quen vai dirixido?:

Mocidade entre 14 e 16 anos, ambas as idades incluídas.

Cando:

08/06/2023

Os xoves, con periodicidade quincenal

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/09/2022 ata o 08/06/2023

Require inscrición.

Horario:

De 18.00 a 19.30 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Hashtag:

#LaTribu

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

Únete ao club de lectura xuvenil #LaTribu!

O mundo está cheo de tribos. Persoas conectadas entre si por un interese común. Na Biblioteca Ágora interésannos os libros e por iso estamos a formar a nosa propia tribo lectora. Poñemos en marcha un club de lectura xuvenil un tanto especial, no que o libro é só o punto de partida.

Podes pertencer a #LaTribu se tes entre 14 e 16 anos e ganas de ler, de facer novas amizades e formar parte dunha experiencia única. Desde a biblioteca facilitarémosvos os libros e reunirémonos os xoves, cada quince días, para conversar sobre eles, reflexionar e divertirnos. Descubriremos xéneros literarios e autoras/es moi diferentes e non só nos limitaremos ao formato de papel, senón que apostaremos por outras linguaxes dixitais e artísticas.

O mundo necesita tribos e #LaTribu necesítate a ti, agardámoste!

Queres saber ...

  • Clubs de lectura para a mocidade

    En que consisten os clubs de lectura para a mocidade?

    Os clubs de lectura presenciais son grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora.

    Non tes que ser experto/a lector/a: os clubs están pensados para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión