Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Presentación do libro Los borrones de Dios, de Begoña Peñamaría

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

21/01/2026

Inscricións:

Entrada libre ata completar a cabida

Horario:

De 19 a 20:30h

Duración:

90 mins.

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Hashtag:

##bibliotecadeestudoslocais #literatura #encontrosconescritoras #presentacións #lecturas #escritorascoruñesas #LecturaRecomendada #CulturaCoruña #bibcoruna

A escritora coruñesa Begoña Peñamaría achégase á Biblioteca Municipal de Estudos Locais para presentar a súa obra máis recente, Los borrones de Dios, unha historia sobre catro adolescentes que loitan contra realidades duras, pero cunha mensaxe de esperanza e superación.

Unha cita para descubrir unha obra que conmove e invita á reflexión sobre a adolescencia e os retos emocionais da vida.

Begoña Peñamaría Marcos é autora de seis novelas e dun manual de moda, ademais de colaborar como articulista en diversos medios de comunicación. Desde 1995 dirixe un taller de deseño na cidade na que ninguén é forasteiro, eslogan que acuñou o seu avó durante a alcaldía da cidade.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión