Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Libros viventes

Tipo de actividade:

Programas de colaboración con centros escolares

A quen vai dirixido?:

Educador / Centro escolar

Require inscrición

De outubro a maio. Consulta o calendario

En que consisten os Libros viventes?

Libros viventes é unha iniciativa da Biblioteca Ágora pensada para lle dar a coñecer ao alumnado dos centros de secundaria da contorna as historias de vida de veciños e veciñas seus, a partir das que podemos reforzar o traballo en valores e o desenvolvemento persoal de mozos e mozas dentro e fóra das aulas.

O procedemento de traballo é simple. Facemos unha selección previa de diferentes persoas da Coruña, gravamos as súas historias de vida e dámoslle forma de relato a parte desa historia e trasladámoslles os resultados aos alumnos e alumnas dos IES participantes.

Son eles/elas quen escollen individualmente cal das historias queren coñecer, cal Libro vivente queren descubrir, para o que nunha data determinada facilitamos o encontro entre as persoas protagonistas de cada relato e os/as mozas que os leron.

Deste xeito, os Libros viventes preséntanse como un método innovador para promover o diálogo, reducir os prexuízos, fomentar o entendemento entre as persoas e promover o intercambio de historias que, noutras circunstancias, non se podería compartir.

As principais características do proxecto son a súa simplicidade e enfoque positivo.

Obxectivos

Traballar a propia estima e a cohesión social desde a valorización do propio, da propia contorna diaria e da súa xente.

Romper estereotipos, desafiando dalgunha maneira os prexuízos máis comúns dun modo positivo e desenfadado.

Promover a tolerancia e a comprensión dunha forma concreta, sinxela e alcanzable.

Crear unha oportunidade para manter un diálogo entre persoas con visións e realidades diferentes da sociedade e así intercambiar opinións e aprender das demais persoas.

Cando?

Realízanse dúas edicións, durante o curso escolar: en febreiro e en maio. En cada unha delas trabállanse tres libros viventes diferentes.

Como participar?

Libros Viventes desenvolveuse ata o momento en colaboración co IES Agra do Orzán, pero é unha proposta aberta á súa realización con calquera centro de ensino da Coruña e mesmo doutros concellos.

Para valorar a posibilidade da súa realización con novos centros educativos simplemente hai que poñerse en contacto coa Biblioteca Ágora.

Onde?

Biblioteca Ágora

Últimos post de Libros viventes no blogue Suma Ágora

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión